Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: andrés_ribeira

Eva Mejuto: «O papel de Lola, Amparo e Xulia puido ser tan ou máis meritorio que o de Schindler». Entrevista en Radiofusión sobre: «Memoria do silencio»

Memoria do silencio, de Eva Mejuto, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tati Lavandeira e Andrés C.M. Ribeira. O libro está publicado por Xerais na colección xuvenil Fóra de Xogo. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Noelia Gómez: «Neste libro quería falar da perda, do paso do tempo, e tamén de que todo muda». Entrevista en Radiofusión sobre: «O xiro»

O libro: O xiro, de Noelia Gómez, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val e Andrés C.M. Ribeira. O libro gañou o V Premio de Poesía Gonzalo López Abente, e está publicado por Xerais na colección Poesía. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Síntome moi cómoda adentrándome na historia e ir tecendo eu a miña propia trama neses espazos que quedan sen escribir». Entrevista en Radiofusión sobre: «A balada dos unicornios»

O libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val e Andrés C.M. Ribeira.