Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: animalia_1_verde

Once títulos de Xerais forman parte da Selección OEPLI, 2018

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2018. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación – Común temos a patria.

Unha reflexión a través do humor sobre a nosa forma de ver os animais e de relacionarnos con eles: «Animalia 1. Verde.», de Xosé Tomás. Crítica en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Kenya Pineda sobre Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha conxunción desde o humor entre o mundo da ilustración e unha singular proposta narrativa: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao cómic Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. O programa pode verse nesta ligazón.

Brillantes reflexións sobre as actitudes humanas a través do filtro do humor e do espello dos animais: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha recensión do cómic infantil-xuvenil Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás.   Animalia 1.

«Os animais teñen moitas cousas en común cos humanos.» A libraría Couceiro recomenda a lectura de «Animalia I. Verde», de Xosé Tomás

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura do cómic infantil-xuvenil Animalia I. Verde, de Xosé Tomás. A recomendación pode verse nesta ligazón.

O Faro da Escola de «Faro de Vigo» recensiona as obras infantís e xuvenís «Animalia I. Verde» de Xosé Tomás, «O que sei do silencio» de Andrea Maceiras e «O lobo con botas» de El Hematocrítico

O suplemento A Escola do Faro, do Faro de Vigo, recolle senllas recensións de tres das últimas novidades de Xerais para o público infantil e xuvenil: o cómic Animalia I. Verde de Xosé Tomás, a novela xuvenil O que sei do silencio de Andrea Maceiras e a obra infantil O lobo con botas de El Hematocrítico. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Cada páxina desta xenial proposta garda un motivo para aprender, para rir e para sorprenderse: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a obra infantil Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. Animalia 1. Verde Xenial proposta a que realiza Xosé Tomás neste cómic para o lectorado máis novo: Animalia 1. Verde publicado por Xerais.

Novidade: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización

Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás, é unha novidade da colección de cómics de Merlín. Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: “Bum, Bum”. O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza.”Animalia” é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats.