Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antía_otero

Lecturas da corentena por David González: «A memoria da choiva» e «O cuarto das abellas». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na segunda entrega da serie, o artigo fai mención a dous libros publicados por Xerais: A memoria da choiva, de Pedro Feijoo e O cuarto das abellas, de Antía Otero.

Presentación na Coruña de “Onde nacen as hedras” de Ana Varela

O mércores 29 de xaneiro ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela,VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. No acto participarán Antía Ortero, Ana Varela e Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “O xiro” de Noelia Gómez

O xoves 17 de xaneiro, 2019, ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro O xiro de Noelia Gómez, V Premio de Poesía Gonzalo López Abente. No acto participarán Antía Otero, Fran Alonso e Noelia Gómez.

A arquitectura poética das abellas: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica de Alba Cid

O programa Chamando á terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Alba Cid sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero, así como outro de Elvira Riveiro. A crítica pode escoitarse nesta ligazón.

A loita entre o salvaxe e o doméstico: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero, Premio Gala do Libro Galego 2017 ao mellor libro de Poesía.

Videopoema elaborado a partir dun texto de «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Con Isaac Garabatos

Reproducimos un videopoema elaborado a partir dun texto do libro O cuarto das abellas, de Antía Otero.

Antía Otero: «Nunca precisamos tanto a palabra coma nestes momentos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lois Docampo á poeta Antía Otero sobre o seu libro O cuarto das abellas, Premio ao Mellor Libro de Poesía na II Gala do Libro Galego. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas, e «O cuarto das abellas», de Antía Otero, premiados na II Gala do Libro Galego

A novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil e o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero, na categoría de Poesía, foron premiados o pasado sábado en Compostela no transcurso da II Gala do Libro Galego, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Libraría

Presentación na Estrada de “O cuarto das abellas” de Antía Otero

O venres, 5 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do MOME, A Estrada, terá lugar a presentación do libro O cuarto das abellas de Antía Otero. No acto, organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, intervirán Chus Nogueira, crítica literaria; Susana Arins, escritora e Antía Otero.

Os libros de Xerais que son finalistas da Gala do Libro Galego 2017

Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia fixeron públicas as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia.

O zunido das abellas na casa e na vida: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero.

Antía Otero: «A memoria é algo que me interesa moito e neste libro quixen facer un traballo profundo con ela»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa poeta Antía Otero  sobre o seu poemario O cuarto das abellas. A entrevista pode verse nesta ligazón.