Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antía_pérez_caramés

Un ensaio sobre o avellentamento e a emigración: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert (ed.). Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), co gallo da súa presentación na biblioteca da EMAO. O libro está publicado por Xerais na colección Historia.

Isidro Dubert: «A vaga migratoria actual está formada por xente moza, cunha gran cualificación e cun enorme potencial demográfico que se está a perder»: Clube de lectura en Radiofusión sobre: «A morte de Galicia»

A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Divina Arnoso e Miguel Rodríguez, xunto con dous dos autores do libro: Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Conversa ao redor de “A morte de Galicia” de Isidro Subert (ed.)

O martes 21 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca EMAO, rúa García Barbón 5, Vigo, terá lugar o primeiro acto do ciclo “Repensar Galicia” que leva por título A morte de Galicia. No acto, organizado polo Ateneo Atlántico e Xerais, participarán Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés, autores do libro A morte de Galicia e presenta Manuel Bragado.

Presentación na Coruña de “A morte de Galicia” ed. Isidro Dubert

O xoves 14 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías 3, A Coruña, terá lugar a prensentación de A morte de Galicia ed. Isidro Dubert. No acto participarán Antía Pérez Caramés, Isidro Dubert e Francisco X. González García.