Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antoloxía

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Xerais súmase á celebración desa data, apoiando a iniciativa da AELG, que está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para promocionar o Día de Rosalía de Castro este 24 de febreiro.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducimos os principais parágrafos: Guión axeitado Marcos Calveiro opta polo modelo do guión cinematográfico para ofrecernos unha introdución á vida e á obra de Lois Pereiro.

Recensión de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

Recensión de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso de Marcos Calveiro. Reproducímola integramente: Biopic Pereiro Achegarse á vida e á obra de Lois Pereiro para facelos comprensibles ao grande público non é tarefa precisamente doada.

Crítica no blog Trafegando ronseis de «Lois Pereiro, náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

Crítica no blog Trafegando ronseis de «Lois Pereiro, náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O blog Trafegando ronseis publicou unha crítica sobre Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducímola a continuación: Martes do antroido, pola mañá, en Lalín. Entro na libraría. Vexo o libro, folléoo. Como non, mércoo. Gustoume o plantexamento da biografía, que ollei por riba. A lectura debe agardar. Quizais poida ao día seguinte. Mércores de cinza, pola tarde-noite, dentro.

«Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», biografía e antoloxía de Marcos Calveiro

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo. Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal.