Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antón_cortizas

Antón Cortizas: «A utopía permítenos buscar a bondade»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antón Cortizas, sobre a súa novela Leonel, gravada en Radio Fene. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Crítica da escola represora e incomprensiva: «O lapis de Rosalía», de Antón Cortizas. Artigo de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou un artigo de Carmen Ferreira sobre o libro O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Manuel Rivas, María Lado, Antón Cortizas, Antonio G. Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas, premiados na Gala do Libro Galego por libros publicados por Xerais

Manuel Rivas na categoría de Narrativa, pola súa novela O último día de Terranova; María Lado na categoría de Poesía polo seu libro Oso, mamá, si?; Antón Cortizas na categoría de Teatro, pola súa obra Xogando con gatos; e Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas na categoría de Iniciativa Bibliográfica, pola obra Lendo lendas, digo versos; foron os autores e autoras premiados por libros publicados por Xer

Unha reivindicación dos xogos populares: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

XII Encontros con escritores e escritoras. A creación literaria

O 10 de decembro ás 18.30 no Salón de actos da Uned de Coruña terá lugar a seguinte sesión da actividade ”A creación literaria e os seus autores. Encontros con escritores”. Ese día contaremos coa presenza como autores invitados dos escritores Antón Cortizas e Ledicia Costas. Organiza estes encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DA CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor.

Magna sabedoría popular: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Crítica de Laura Blanco Casás

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Laura Blanco Casás sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O lapis de Rosalía», de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra. Un lapis especial

O lapis de Rosalía, de Antón Cortizas, ilustrado por David Sierra, é unha novidade da colección Merlín. Recomendado de 7 anos en diante. Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.

Unha obra sublime, perfecta, coa que se ensina a xogar: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o blog de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión crítica de Romina Bal sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

As novidades infantís e xuvenís, no blog de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre as últimas novidades de literatura infantil e xuvenil de Xerais.     MÁIS LIBROS PARA NENOS E NENAS (OU PARA TODOS) QUE NOS PRESENTA EDICIÓNS XERAIS NAS DIVERSAS COLECCIÓNS DE LIX. Pouco se pode engadir ao que se leva dito sobre Edicións  Xerais e a súa extraordinaria aposta pola LIX galega.

Cando os cativos non brincan: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas

Radiofusión publicou unha información sobre Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.   O verán, tempo de lecturas O verán é tamén tempo de lecturas. Duas novidades de autores da comarca están xa nas librarías. Realidades cercanas de Gabriel Tizón e Xogando con gatos, de Antón Cortizas.

Antón Cortizas: «O xogo popular é cultura lúdica e estámola perdendo»

Faro de Vigo publicou unha entrevista de A. de Santos con Antón Cortizas sobre Xogando con gatos, a obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.   Antón Cortizas: «O xogo popular é cultura lúdica e estámola perdendo» Xogando con gatos, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, ten unha dobre vertente.

Novidade: «Xogando con gatos», de Antón Cortizas. Cando os cativos xa non enredan como se facía antes

Xogando con gatos, de Antón Cortizas, obra gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é unha novidade da Biblioteca Dramática Galega de Xerais. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014 Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos.