Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antón_dobao

Antón Dobao: «Gústanme os finais sorprendentes»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez ao escritor Antón Dobao.   Antón Dobao: «A literatura é un espazo de busca de liberdade» Antón Dobao (Lugo, 1963). Desenvolve o seu labor como lingüista na CRTVG dende os anos oitenta. Ademais é coñecido como poeta (Desde o teito da noite // O tempo entre murallas // Materia…) e como narrador (Incertos // As ilusións estrañas).

O Concello de Vigo proxecta a película “O club da calceta” para escolares da cidade

O mércores, 23 de outubro, ás 10:30 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar a proxección do filme “O club da calceta” dirixido por Antón Dobao e baseado na novela de María Reimóndez O club da calceta.

«O Club da calceta», estrea na G2

[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Mañá, 29 de decembro, ás 22:24 horas, emitirase sen cortes publicitarios na G2 (TDT) a película O club da calceta de Antón Dobao.

«O club da calceta», entre as mellores ficcións televisivas de Europa

«O club da calceta», entre as mellores ficcións televisivas de Europa

O telefilme O club da calceta, dirixido por Antón Dobao e baseado na novela homónima de María Reimóndez, foi escollida para participar na categoría de Mellor Ficción Europea nos premios Prix Europa. Estes galardóns convócanse anualmente para seleccionar os mellores traballos audiovisuais do continente en televisión, radio e novos medios. Os nosos parabéns para Dobao e Reimóndez.

“Pirata” de María Reimóndez

“Pirata” de María Reimóndez

Hoxe, ás 20:30 horas preséntase no Teatro Jofre de Ferrol O club da calceta, a película de Antón Dobao baseada na novela homónima de María Reimóndez. Coincidindo con esta estrea, anunciamos a aparición nas librarías na primeira semana de xuño da terceira e agardada novela da narradora lucense, Pirata. A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams.

“Incertos”

“Incertos”

Rubén Ruibal publica no seu blog unha anotación sobre Incertos, o libro de relatos de Antón Dobao. Unha memorable recomendación literaria.

«O club da calceta», trailer da película

[youtube=https://www.youtube.

«O club da calceta», o trailer da película

«O club da calceta», o trailer da película

No portal Flocos pode verse o trailer da película O club da calceta, baseada na novela homónima de María Reimóndez, e dirixida por Antón Dobao.

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película O Club da calceta, adaptación cinematográfica dirixida por Antón Dobao da novela homónima de María Reimóndez, resultou vencedora do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Vila Nova de Famalicao (Famafest 2009). O xurado, que concedeu o galardon por unanimidade salientou da película galega «a profunda reflexión que ofrece sobre a condición feminina». Agardamos con interese a súa estrea por parte da TVG.

«Incertos», presentación de Xosé Miranda

«Incertos», presentación de Xosé Miranda

Enlazamos o texto que leu o escritor Xosé Miranda na presentación en Lugo de Incertos, o libro de relatos de Antón Dobao.

«Incertos», Antón Dobao presenta en Lugo

«Incertos», Antón Dobao presenta en Lugo

Antón Dobao presentará Incertos o venres 14 de novembro, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña 21). No acto estará acompañado polos escritores Darío Xohán Cabana e Xosé Miranda e polo director da editorial.

Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega

Sergi Pamies no «Diario Cultural» da Radio Galega

O «Diario Cultural» da Radio Galega entrevistou hoxe a Sergi Pamies con motivo da edición da tradución para o galego de Se comes un limón sen facer xestos, realizada por Antón Dobao. A entrevista pódese escoitar aquí.