Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_díaz_ageitos

Antonio Díaz Ageitos: «Os Heredeiros de hoxe non están tan tolos, pero son máis virtuosos» Entrevista no Atlántico Diario sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao xornalista Antonio Díaz Ageitos sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A historia escrita dos Heredeiros da Crus. «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba», de Antonio Díaz Ageitos.

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de V. Neira sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, do que é autor o escritor Antonio Díaz Ageitos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antonio Díaz Ageitos: «Heredeiros fixeron un gran traballo na difusión do galego que non lle recoñeceron». Entrevista en Onda Cero sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O programa Aquí en la onda Galicia de Onda Cero emitiu unha entrevista co escritor e xornalista Antonio Díaz Ageitos sobre o seu libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. O libro está editado por Xerais na colección: Obras de Referencia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 05´30.

Un soplo de aire fresco no rock galego. «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba», de Antonio Díaz Ageitos. Crítica no blog La Fonoteca

O blog La Fonoteca publicou unha anotación de Fernando Fernández Rego sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, de Antonio Díaz Ageitos. Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba Heredeiros da Crus fueron el grupo de la vida de muchas personas.

O reflexo dun tempo que xa foi. Anotación de Pedro Feijóo sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba», de Antonio Díaz Ageitos

O escritor Pedro Feijóo publicou no seu blog Un Consentido Común unha anotación sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, de Antonio Díaz Ageitos.   Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, de Antonio Díaz Ageitos Os Heredeiros da Crus son para moitos de nós o reflexo dun tempo que xa foi. Dun que, por desgraza, nin está xa, nin tan sequera é agardado.

Fran Alonso: «Queremos que o libro contribúa a engrandecer o mito que xa son os Heredeiros». Noticia en La Voz de Barbanza sobre a presentación do libro de Antonio Díaz Ageitos

O xornal La Voz de Barbanza publicou unha noticia sobre a presentación no Ateneo de Ribeira do libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, do que é autor Antonio Díaz Agueitos. O acto contou coas intervencións do director de Xerais, Fran Alonso, así como de Javi Maneiro, Juancho Rivas, Antonio Díaz e Tonhito de Poi. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antonio Díaz Ageitos: «Non estamos ante un relato compracente, pero si imparcial». Entrevista en «Faro de Vigo» sobre o libro: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao xornalista e escritor Antonio Díaz Ageitos sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. A entrevistas poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Ribeira do libro “Heredeiros da crus” de Antonio Díaz Ageitos

O sábado 29 de setembro ás 19:30 horas no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) de Ribeira, terá lugar a presentación do libro Heredeiros da crus. Cuadrilla de Pepa a Loba de Antonio Díaz Ageitos. No acto participarán Antonio Díaz, Juancho Rivas, Fran Alonso e Heredeiros da crus.

Novidade: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba», de Antonio Díaz Ageitos. Un soño entolecido que rematou sendo un capítulo fundamental da historia do rock en Galicia

Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba, de Antonio Díaz Ageitos, é unha novidade da colección Obras de Referencia. Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un lugar tradicional de marcha nocturna, pero hoxe non é un día calquera e o extraordinario movemento de persoas dá conta diso. Todas veñen cantando as mesmas cancións e no ambiente nótanse excitación e nervios.

Presentación en Ribeira de “As horas roubadas” de María Solar

O sábado, 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Bar Plaza, Praza de Compostela, 11 de Ribeira, terá lugar a presentación da novela As horas roubadas de María Solar. No acto, organizado polo Ateneo de Ribeira e Xerais,  participarán Antonio Díaz Ageitos, Javi Maneiro, Manuel Bragado e María Solar.