Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_fraga

Antonio Manuel Fraga: «Nos libros case sempre acabo recorrendo esa zona de confort que é o territorio da miña infancia»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga (Foto de Antía G. Sendón).   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Manuel Fraga: «Oxalá que a literatura galega puidese ser unha marca exportábel como foi a música irlandesa»

A web Lermos publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga.   Entrevista a Antonio Manuel Fraga Antonio Manuel Fraga é un deses escritores cos que te identificas inmediatamente. Talvez por ese aire de soñador que desprende, imprescindíbel en todo bo escritor de fantasía, ou pola fonda convicción que ten no que fai.

Andrea Maceiras: «Europa Express é unha novela inspirada nos meus cadernos de viaxe»

O suplemento Yes de La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Ana Abelenda sobre os escritores e escritoras que aínda escriben a man e os seus cadernos. Dous dos escritores entrevistados son Andrea Maceiras, que fala da súa novela Europa Express, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015, e Antonio Manuel Fraga, autor de O Castañeiro de Abril.

Presentación en Santiago de “Un animal chamado néboa” de Ledicia Costas

O xoves, 24 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Un animal chamado néboa de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio M. Fraga, Manuel Bragado e Ledicia Costas.

Cun garfo cravado na boca do estómago: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Anotación de Antonio M. Fraga

O escritor Antonio M. Fraga publicou no seu blog O Lugar do Sapo unha anotación crítica sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   Néboa Lin a pasada fin de semana “Un animal chamado néboa”, de Ledicia Costas. Fíxeno nunha tarde, dunha soa tirada. O libro atoume á cadeira e non me deu tregua até a derradeira páxina. Goceino e sufrino case a partes iguais. Cun garfo cravado na boca do estómago.

Presentación en Pontedeume de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O venres, 25 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume,  rúa Couceiro Freijomil, 5, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga e o autor.

Unha historia moi entrañable: «O castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga. Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

Fermosa novela sobre o triunfo da esperanza: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recesión sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   O vitalismo de Antonio Manuel Fraga Descubro, con gozoso asombro, a ópera prima de Antonio Manuel Fraga: O castañeiro de abril, fermosa historia coa que obtivo o último Premio Merlín de Literatura Infantil.

Un libro de enorme calidade: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín 2013. Crítica de Mario Regueira

Mario Regueira publicou en Sermos Galiza unha recesión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.

Antonio Manuel Fraga: «Gusto dos personaxes extremos, que axudan a tomar partido». Entrevista

O xornal Diario de Ferrol (tamén nos xornais El Ideal Gallego e Diario de Arousa ) publicou unha entrevista de M.J.R /J.M a Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 coa súa novela O Castañeiro de Abril,  ilustrada por Antonio Seijas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Moi entretido: «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín 2013. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.   O motivo do neno pobre e explotado Un dos motivos tratados pola narrativa infantil-xuvenil é o do neno pobre e explotado. É en definitiva o modelo de Oliver Twist.

Reportaxe no Zigzag da TVG de «O Castañeiro de Abril», de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga, Premio Merlín de Literatura Infantil 2013, ilustrado por Antonio Seijas.