Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_manuel_fraga

Interese por remover conciencias e reivindicar valores: «Tartarus», de Antonio Manuel Fraga. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre a novela Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, publicada en Fóra de Xogo. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Presentación na Coruña de “Tártarus” de Antonio Manuel Fraga

O sábado, 23 de abril (DÍA DO LIBRO), ás 19:00 horas, na FNAC, praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Tártarus de Antonio Manuel Fraga. No acto participarán María Xesús Fernánez, Manuel Bragado e Antonio Manuel Fraga. Ao remate o autor lerá un fragmento da novel acompañado do DJ Michal Kamac.

Dúas mozas afoutas e rebeldes protagonizan «Tartarus», de Antonio Manuel Fraga. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Tártarus, de Antonio Manuel Fraga.   Tártarus Antonio Manuel Fraga vén de nos facer unha proposta máis ca interesante de lectura para o público xuvenil: Tártarus, publicado pola editorial Xerais na súa colección “Fóra de xogo”. Un libro que sei que vai gustar ao meu alumnado pero que me vai traer problemas polo final.

Unha fantástica aventura: «Tartarus», de Antonio Manuel Fraga

O Diario de Arousa publicou unha información sobre a novela Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «Tartarus», de Antonio Manuel Fraga. Cando Átika descobre que existe un mundo soterrado chamado Nigrofe

Tártarus, de Antonio Manuel Fraga, é unha novidade de literatura xuvenil da colección Fóra de Xogo. Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música.

Antonio Manuel Fraga: «Nos libros case sempre acabo recorrendo esa zona de confort que é o territorio da miña infancia»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista con Antonio Manuel Fraga (Foto de Antía G. Sendón).   A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.