Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_piñeiro

Unha homenaxe ao clima universitario comprometido, activo e valente dos anos 70: «Celada», de Antonio Piñeiro. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Celada, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «Celada» (Antonio Piñeiro, Xerais)   Hoxe, recén encetada a segunda década do século XXI, parece como se os anos 70, ou 80 do pasado século foran xa Historia sedimentada da que só catro vell@s se lembran.

«Celada», de Antonio Piñeiro; e «Cadencias», de Manuel Portas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Celada, de Antonio Piñeiro; e Cadencias, de Manuel Portas, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2020.

Novidade: «Celada», de Antonio Piñeiro. Unha historia que se desenvolve no Santiago de Compostela dos anos setenta coas revoltas universitarias como telón de fondo

Celada, de Antonio Piñeiro, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado.

O escritor Antonio Piñeiro gaña o “VII Premio de Novela de Riveira” coa obra: «Celada». Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O escritor ribeirense Antonio Piñeiro gañou a VII edición do Premio de Novela Curta ‘Cidade Centenaria de Riveira´ coa obra: Celada. O premio está convocado polo Concello de Ribeira, tén unha dotación de 3000€  e contará coa publicación do libro por Xerais na primavera de 2020. A noticia foi publicada polo xornal El Correo Gallego. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

A nostalxia dunha infancia retratada como só os grandes escritores a saben retratar: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Artigo de Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro publicou no xornal La Región un artigo sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.   Morar en Terradentro Admiro a aquelas persoas -que sei que as hai- que son quen de coller un libro e de súpeto engulilo nunha noite ou en dúas coma a abella zuga o néctar do alecrín.

Unha alegoría da Celanova dos anos 50: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Artigo de Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro publicou no xornal La Región un artigo sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.

Sabia, moi dotada, equilibrada e luminosa: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre a novela sobre a novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.   O espello do mundo, de Ramón Nicolás Ramón Nicolás, autor da man do que nos temos achegado tanto e tan ben ao coñecemento da literatura galega contemporánea, pon un pé, c’O espello do mundo, nesa outra beira da escrita: a da práctica narrativa.

Novela afortunadísima, notable: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo.   Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo Que agradable sensación a da lectura deste Cabalos e lobos. Que bocalada de ar literario.

Fresca, delirante, crítica, máxica, divertida e torrencial: ««A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre a novela  A rotura das paisaxes, de Xesús Constela.   A rotura das paisaxes, de Xesús Constela Literatura fortísima dende as primeiras páxinas, A rotura das paisaxes é unha nova exquisitez entre as exquisiteces ás que nos ten afeitos Xesús Constela.

Lectura agradable, rica, chea de complicidades e chiscadelas: «Liquidación de existencias», de Ramón Caride. Crítica de Antonio Piñeiro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Antonio Piñeiro sobre o libro Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Liquidación de existencias, de Ramón Caride. Andrés e mais Cesar, o Cesariño, dous mozos estudantes e vividores en Compostela, planifican a execución dun secuestro exprés mentres transitan pola noite santiaguesa.

«Sempre Pepe Velo», de Antonio Piñeiro, céntrase nun dos autores do secuestro do transatlántico Santa Maria. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou o pasado 12 de agosto unha recensión crítica sobre o libro  Pepe Velo, de Antonio Piñeiro, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa  e La Región.     Sempre Pepe Velo Hoxe vou facer algo que non adoito nesta sección, que como lector do común cío no tempo editor sen problema ningún, mesmo con pracer e aínda proveito.