Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_seijas

Todo un clásico dentro da literatura galega: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Antón García-Fernández en «Versos e aloumiños»

Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Un resorte para aceptar a identidade. «Fóra do normal», de María Reimóndez. Recensión en «El Correo Gallego»

A sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego publicou una recensión asinada por Raquel Senra sobre: Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas. O libro recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017, e está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un texto cargado de crítica social, con moito humor e retranca: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Crítica de David González no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela xuvenil Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrada por Antonio Seijas. A obra recibiu o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017.

María Reimóndez fai literatura para construír o mundo, para facelo mellor a través da palabra. Presentación en Vilalba de «Fóra do normal»

O xornal El Progreso publicou una noticia de María Roca sobre a presentación en Vilalba de: Fóra do normal, de María Reimóndez, ilustrado por Antonio Seijas. A obra gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil e Xuvenil pola Igualdade. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Fóra do normal», de María Reimóndez. Os heroes e as heroínas contemporáneas son aquelas que cambian o mundo só con existir e non ceder á domesticación

Fóra do normal, de María Reimóndez, Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017 e ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. O lanzamento foi recollido nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños e Diario de Ferrol. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: 35 edición de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, edición especial dos 100.000 exemplares vendidos

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade nesta 35 edición conmemorativa. 35ª Edición – Edición especial dos 100.000 exemplares vendidos Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995 Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia.

Diego Giráldez: «Escribir pensando no que dirán é un fracaso»

O Faro de Vigo publicou unha entrevista de G. Porto a Diego Giráldez, autor de Galería de saldos, que presenta o seu libro hoxe venres no Porriño. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Colgados do booktráiler en realidade virtual de «Galería de saldos», o primeiro libro de Diego Giráldez

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre o booktráiler do libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez, libro que Xerais editou e estará en todas as librarías de Galicia a partir do xoves 9 de xuño. Trátase do  primeiro booktráiler galego en realidade virtual. O libro está ilustrado por Iago Sánchez Losada e o bootráiler foi dirixido por Antón Veiga e realizado por Mon Soares.

Booktráiler de «Galería de saldos», de Diego Giráldez. O primeiro booktráiler galego en realidade virtual

O xornal dixital Praza Pública publicou unha información sobre o booktráiler do libro de relatos Galería de saldos, de Diego Giráldez, libro que Xerais editou e estará en todas as librarías de Galicia a partir do xoves 9 de xuño. Trátase do  primeiro booktráiler galego en realidade virtual. O libro está ilustrado por Iago Sánchez Losada e o bootráiler foi dirixido por Antón Veiga e realizado por Mon Soares.

Presentación en Pontedeume de “Tártarus” de Antonio Manuel Fraga

O xoves, 19 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Tártarus de Antonio Manuel Fraga. No acto, organizado polo Concello de Pontedeume, participarán Antonio Seijas e Antonio Manuel Fraga.

Presentación en Pontedeume de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O venres, 25 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume,  rúa Couceiro Freijomil, 5, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga e o autor.

Fernando Pereira: «Rosalía de Castro é a marca máis importante de Galicia». Reportaxe de Ana Baena

Atlántico Diario publicou unha reportaxe de Ana Baena arredor do libro Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno, que tamén se pode descargar en pdf.