Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_tizón

Presentación en Betanzos de “Un home estraño” de Antonio TIzón

O mércores 22 de maio, ás 19:30 h., na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto contará coa participación de Cándido Barral e Antonio Tizón e será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Presentación en Lugo de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 9 de maio, ás 19:00 h., na libraría Trama, Avenida da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Antonio Tizón: «Nesta novela trato de desmitificar a concepción romántica da loucura» Entrevista no xornal «La Voz de Carballo» sobre o libro: «Un home estraño»

O xornal La Voz de Galicia publicou no seu suplemento La Voz de Carballo unha entrevista de F. Rodríguez e M. López co xornalista e escritor Antonio Tizón, sobre o libro: Un home estraño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha trama detectivesca ao cabo ben levada: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Un home estraño, de Antonio Tizón.

Antonio Tizón: «Con estas novelas quedei espido por completo». Clube de lectura en Radiofusión sobre os libros: «A antesala luminosa» e «Un home estraño»

Radiofusión emitiu unha nova edición do programa Club de Lectura para falar co escritor coruñés Antonio Tizón sobre os libros: A antesala luminosa e Un home estraño, publicados por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O mércores 12 de decembro, ás 20:00 h., na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.

Antonio Tizón: «Estes libros son novelas independentes, pero á vez complementarias, porque os personaxes saltan dun libro ao outro» Entrevista en Radiofusión sobre: «A antesala luminosa» e «Un home estraño»

Radiofusión emitiu unha entrevista ao escritor coruñés Antonio Tizón para falar dos seus libros: A antesala luminosa e Un home estraño, gañador este último do VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”. Os dous libros están editados por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Elexín a Transición porque non foi un camiño de rosas como moitos pensan». Entrevista en «La Región» sobre: «Un home estraño»

O día 10 de outubro de 2018 presentouse no espazo cultural El Cercano de Ourense o libro: Un home estraño, do que é autor o escritor coruñés Antonio Tizón e que foi gañador do VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”. O evento foi recollido polo xornal La Región nun artigo asinado por Lucía Montáns. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. (Foto – La Región).

Presentación en Ourense de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves 18 de outubro, ás 20:00 horas no Café El Cercano, rúa Cardenal Quevedo, 20, Ourense, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. O acto, no participarán Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Xosé Constenla.

Antonio Tizón: «En todas as miñas novelas aparece A Coruña como escenario fundamental.». Entrevista en Radio Coruña – Cadena SER sobre «Un home estraño»

A emisora da Cadena SER na Coruña emitiu unha entrevista con Antonio Tizón sobre a novela Un home estraño e a visita guiada que o autor realizará o sábado 8 de setembro dentro da iniciativa Paseos pola Coruña Literaria organizada pola AELG. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un convite para reflexionar sobre a sociedade, coas súas grandezas e as súas infindas miserias: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un home estraño, de Antonio Tizón. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha interesante mestura entre o xénero negro e a novela de indagación social: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela Un home estraño, de Antonio Tizón, Premio Cidade Centenaria de Ribeira en 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.