Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: anxela_loureiro

Unha novela de aprendizaxe que reforza os valores da personalidade, o autocoñecemento, o respecto, o compromiso e o amor: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. O espazo pode verse nesta ligazón.

Unha aventura trepidante protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños publicaron unha información sobre Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Unha novela de aventuras cunha valente protagonista feminina.» O blog Rede Lectura recomenda a obra infantil «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrada por Xosé Tomás.

Ánxela Loureiro: «RaMona, a protagonista, é unha ra moi actual, que rompe coas tradicións e os convencionalismos.» Faladoiro en Radiofusión arredor da obra infantil «Choiva de ras»

O club de lectura de Radio Fene escolleu a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, e o faladoiro arredor do libro emitiuse en Radiofusión. O faladoiro pode escoitarse ou descargase nesta ligazón.

Novidade: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro. Unha aventura trepidante protagonizada por animais e que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto

Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Xosé Tomás. Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras.

Presentación en Ferrol de “Choiva de ras” de Ánxela Loureiro

Do 19 ao 23 de abril celébrase a Feira do Libro de Ferrol e dentro das actividades programadas terá lugar o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, a presentación do libro Choiva de ras de Ánxela Loureiro con ilustracións de Xosé Tomás. A autora, que asinará exemplares na caseta da secretaría a partir das 19:00 horas, estará acompañada por Manuel Bragado.

Anxela Loureiro estivo no Club de lecura compartida Lendo Contigo, de Espazo Lectura, con «Ota quere voar» e «Viaxe de ida e volta»

Os libros Ota quere voar e Viaxe de ida e volta, de Ánxela Loureiro, centraron o pasado sábado 26 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contou coa presenza da autora na Biblioteca de Gondomar.   O sábado 26, nova cita do Lendo Contigo O club de lectura compartida Lendo Contigo ten a súa cita do mes de xaneiro o sábado 26 a partir das 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.