Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: anxo_angueira

Anxo Angueira: «`En las orillas del Sar´ chegou nun contexto no que agromaba a tensión entre o campo literario galego e o castelán». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. (Imaxe de Rosalía e ‘En las orillas del Sar’ (Xerais) CC-BY-SA Praza Pública). O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos.

Unha obra silenciada tanto no campo literario español coma no galego: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro. Entrevista a Anxo Angueira en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Anxo Angueira: «Este libro é do máis grande que se escribiu en castelán no s. XIX». Entrevista no Diario Cultural sobre: «En las orillas del Sar»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co profesor Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O paso chave á hora de situar a Rosalía na moderna literatura europea: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: En las orillas del Sar, unha nova edición crítica do libro de poemas de Rosalía de Castro a cargo do profesor Anxo Angueira. O libro está publicado por Xerais na colección Clásicos.   «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira O derradeiro libro de poemas de Rosalía de Castro non foi “unha dimisión”.

Novidade: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira. O final e cume dunha escritora extraordinaria

En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro e Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e definitivo por parte da autora á hora de situarse na literatura moderna europea, na «Weltliteratur».

Presentación en Pontevedra de “Común temos a patria” de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González

O martes 15 de maio de 2018, ás 19:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Pontede Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañará aos autores, Anxo Angueira.

Presentación en Santiago de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes, 3 de outubro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor, Anxo Angueira, Francisco Fernández Rei e Manuel Bragado.

Retorno á reprise: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Anxo Angueira

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Anxo Angueira sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela que fai reflexionar sobre a dialéctica entre lingua e poder: «Crónica Córnica» de Francisco Coimbra. Crítica de Anxo Angueira

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Anxo Angueira sobre a novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Crónica Córnica” de Francisco Coimbra

O xoves, 26 de xaneiro, 2017, ás 12:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus universitario As Lagoas, Marcosende, Vigo, terá lugar a presentación do libro Crónica Córnica de Francisco Coimbra, finalista do Premio Xerais de Novela, 2016. No acto, organizado en colaboración co Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, participarán Anxo Angueira, Xosé Henrique Costas, X. L.

Presentación en Pontevedra de “Follas novas” de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

O xoves, 12 de xaneiro, 2017, ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, intervirán Xaime Toxo, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

Anxo Angueira: «As miñas edicións de Cantares e Follas son a miña lectura desas obras»

Emilio Xosé Ínsua publicou no seu blog  unha entrevista feita a Anxo Angueira, previamente publicada na revista Aulas Libres. Entrevista con Anxo Angueira Natural da aldea de Manselle, na parroquia de San Xián de Laíño (Dodro), onde naceu en xaneiro de 1961, Anxo Angueira Viturro é o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro.