Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: anxo_fariña

Unha trepidante aventura cunha fermosa mensaxe de esperanza: «Os ecos do lume», de Anxo Fariña. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre o libro: Os ecos do lume, de Anxo Fariña, publicado por Xerais na colección Merlín. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Novidade: «Os ecos do lume», de Anxo Fariña. A vida da pequena Noa cambia cando descobre o mundo Introterrestre

Os ecos do lume, de Anxo Fariña, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2018

Do xoves 28 de xuño ao sábado 7 de xullo, terá lugar, na Porta do Sol, a Feira do Libro de Vigo 2018 e na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Martes  3 de xullo de 2018  19:00 h Contacontos infantil a cargo de Iago López, autor de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas. Ao remate asinará exemplares do libro. 19:00 h Jorge Lamas asinará exemplares do seu libro Historias de Vigo.

Aventuras e aimzade nunha nova entrega da exitosa saga creada por Anxo Fariña: «Os Megatoxos e a batalla de Rande. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Case unha vintena de autoras e autores de Xerais participan na Festa dos Libros de Pontevedra 2018

Os días 22-23 e 24 de xuño, na Praza da Ferrería de Pontevedra terá lugar unha nova edición da Festa dos Libros. Aquí presentamos o programa de actividades de Xerais.       Venres 22 de xuño de 2018 19.00 h Manuel Lourenzo González presenta Ceiba de Luz  conversa con Manuel Bragado. Ao remate asina no Espazo da libraría Paz 20:00 h. Carlos Taboada asina A biblioteca de Pedrarcana no Espazo Lector Nobel 21.

O álbum para pre-lectores «Onde está Nubebebé?», de Anxo Fariña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro para pre-lectores Onde está Nubebebé?, de Anxo Fariña.  O programa pode verse nesta ligazón.

O álbum para pre-lectores «O pintor de flores», de Anxo Fariña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao álbum ilustrado O pintor de Flores de Anxo Fariña. O programa pode verse nesta ligazón.

Anxo Fariña: «Hai que poñer en valor a idea do amor porque pode mover o mundo, por iso o reivindico nos Megatoxos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ana G. Liste ao escritor e ilustrador Anxo Fariña sobre a novela Os Megatoxos e a batalla de Rande. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

É posible e xusto modificar os acontecementos do pasado para mudar o presente?: «Os Megatoxos e a batalla de Rande», de Anxo Fariña. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Os Megatoxos e a batalla de Rande, de Anxo Fariña.   «Os Megatoxos e a Batalla de Rande» de Anxo Fariña A Casa do Libro de Vigo acolleu onte a presentación de Os Megatoxos e a Batalla de Rande de Anxo Fariña.

Anxo Fariña. «Téñolles moito cariño aos personaxes dos Megatoxos: levan moitos anos comigo e xa son a saga da literatura xuvenil galega con máis volumes»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Anxo Fariña sobre o libro Os Megatoxos e a batalla de Rande.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Os Megatoxos e a batalla de Rande”

O venres 23 de febreiro ás 19,30 horas na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Os Megatoxos e a batalla de Rande de Anxo Fariña. Ao remate da presentación o autor, que estará acompañado por Manuel Bragado,  fará unha sinatura ilustrada.