Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: anxo_gonzález_guerra

Acto en Pontevedra arredor de Dragal V de Elena Gallego Abad

Diálogo arredor da novela Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, última entrega da saga Dragal publicada por Xerais. O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra,  terá lugar o vindeiro venres 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon (edificio Villa Pilar; rúa do Marqués de Riestra 11-1º, Pontevedra). A autora estará acompañada por Anxo González Guerra.

Presentación en Pontevedra de “Dragal V” de Elena Gallego Abad

O xoves 26 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad. No acto participarán Anxo González Guerra e Elena Gallego Abad.

Presentación en Bueu de “Música no faiado” de Miguel Ángel Alonso Diz

O mércores 19 de decembro,  2018, ás 20:00 horas, na  Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, terá lugar a presentación do libro Música no faiado de Miguel Ángel Alonso Diz.

Presentación en Pontevedra de “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:oo horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O Códice esmeralda de Alberte Blanco. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo e Xerais, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e Alberte Blanco.

Presentación en Pontevedra de “Ceiba de Luz” de Manuel Lourenzo González

O mércores 22 de novembro de 2017 ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación de Ceiba de Luz de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Anxo González Guerra, Xaime Toxo e Manuel Bragado.

Presentación de “O xogo de Babel” en Bueu

O martes, 11 de xullo, 2017, ás 21,00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado pola librería Miranda, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e a autora.