Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: armando_requeixo

Dez razóns para ler “Monte Louro”

Dez razóns para ler “Monte Louro”

Recollemos un fragmento da intervención que sobre a novelagañadora do Blanco Amor 2009  Monte Louro de Luís Rei Núñez  leu o crítico e profesor Armando Requeixo durante o acto de presentación en Burela, o pasado 30 de maio. ….

“Monte Louro”, presentación na Pobra do Caramiñal

“Monte Louro”, presentación na Pobra do Caramiñal

O vindeiro venres, 26 de xuño, ás 20:30 horas terá lugar no Museo Valle Inclán da Pobra do Caramiñal a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do premio Blanco Amor 2009. No acto acompañarán ao autor, Armando Requeixo (crítico), Manuel Bragado (editor), Antón Riveiro (presidente de Barbantia), Encarna González (concelleira de Cultura) e Isaac Maceiras (alcalde da Pobra do Carmiñal).

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

Armando Requeixo publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Peaxes, a novela de Santiago Lopo. Requeixo salienta que esta novela curta «pode ser unha moi agaradable inmersión de lectura na realidade plural e non sospeitada de xentes do común». [Premer sobre a imaxe para ler a crítica con maior comodidade.

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Acabamos de coñecer que a novela Monte Louro de Luís Rei Núñez é a novela gañadora da 27ª edición do Premio Blanco Amor falado no concello de Burela.  O xurado, formado pola gañadora da edición anterior Inma López Silva; o poeta e doutor en filoloxía galega Emilio Insua; a poeta e xornalista Olaia Cociña; o escritor Santiago Jaureguízar, e o investigador Armando Requeixo, outorgou o premio por unanimidade.

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta»

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta»

Armando Requeixo publica unha crítica en Protexta 09 d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena.

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

Está chegando as librarías a segunda edición d’ O señor Lugrís e a negra sombra, a novela máis recente de Luís Rei Núñez. A novela non só conseguiu o apoio dos lectores e lectoras, que supón esta segunda edición, se non que tamén recibiu dous dos máis importantes premios á obra xa editadas: o Premio da Crítica española 2008 e o Premio Irmandado do Libro ao mellor libro do ano 2007.

«Os nomes do traidor», crítica no «Faro da Cultura»

«Os nomes do traidor», crítica no «Faro da Cultura»

Armando Requeixo publicou onte no Faro da Cultura unha crítica sobre Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso.