Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: armando_requeixo

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Acabamos de coñecer que a novela Monte Louro de Luís Rei Núñez é a novela gañadora da 27ª edición do Premio Blanco Amor falado no concello de Burela.  O xurado, formado pola gañadora da edición anterior Inma López Silva; o poeta e doutor en filoloxía galega Emilio Insua; a poeta e xornalista Olaia Cociña; o escritor Santiago Jaureguízar, e o investigador Armando Requeixo, outorgou o premio por unanimidade.

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta»

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta»

Armando Requeixo publica unha crítica en Protexta 09 d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena.

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

Está chegando as librarías a segunda edición d’ O señor Lugrís e a negra sombra, a novela máis recente de Luís Rei Núñez. A novela non só conseguiu o apoio dos lectores e lectoras, que supón esta segunda edición, se non que tamén recibiu dous dos máis importantes premios á obra xa editadas: o Premio da Crítica española 2008 e o Premio Irmandado do Libro ao mellor libro do ano 2007.

«Os nomes do traidor», crítica no «Faro da Cultura»

«Os nomes do traidor», crítica no «Faro da Cultura»

Armando Requeixo publicou onte no Faro da Cultura unha crítica sobre Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso.