Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: armando_requeixo

Moito mar, moita música, moita tralla e moita arroutada. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está editado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 6´.

Unha gran parábola sobre o caprichoso azar do destino: «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un proceso reflexivo sobre como un instante da túa vida pode variar o rumbo desta. «Michigan / Acaso Michigan», de Antón Reixa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, de Antón Reixa. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

«Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», «Vivir a galope» e «Besta do seu sangue», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas, é o primeiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. En segundo lugar sitúase outro texto de Xerais: Vivir a galope, de María Xosé Queizán. E no terceiro posto está outro libro de Xerais: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, compartindo esta terceira posición co libro: A través do fume, editado este último por Galaxia.

Un testemuño fundamental para reconstruir moita da historia e da cultura do noso país. «Vivir a galope», de María Xosé Queizán. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Vivir a galope, de María Xosé Queizán, editado por Xerais.

A canción melancólica das almas furtivas: «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste», de Manuel Rivas. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«O meu nome é Ninguén» de Manuel Esteban e «A balada dos unicornios» de Ledicia Costas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas.

«Non o saben as estrelas»: Unha novela cosida a base de retallos narrativos. Crítica de Armando Requeixo no «Diario Cultural»

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica da novela: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, gañadora do XXIV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, concretamente nos minutos 20´45 a 23´00.

Un drama órfico do que regresamos transformados: «Fóra de si», de Suso de Toro. Crítica de Armando Requeixo

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre a novela: Fóra de si, de Suso de Toro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«O exército de fume» de Manuel Gago e «Non o saben as estrelas» de Diego Alfonsín, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de setembro

O exército de fume, de Manuel Gago, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro. En terceiro lugar sitúase outro texto: Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín.

Ninguén interesado en saber o que foi a historia da literatura e a cultura galega do pasado século pode deixar de ler estas páxinas: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.

Un convite para reflexionar sobre a sociedade, coas súas grandezas e as súas infindas miserias: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un home estraño, de Antonio Tizón. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.