Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: arraianos

A oferta do catálogo de ebooks de Xerais medra día a día e inclúe a Rosalía de Castro

O catálogo dixital de Xerais medra día a día, e xa son arredor de trinta os títulos dispoñibles para lectores electrónicos e tabletas. A edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira para a colección Clásicos tamén está dispoñible desde hai algunhas semanas en formato epub, tal e como anunciamos a medidados de abril.

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente nun acto organizado pola asociación Arraianos que terá lugar en Celanova que dará comezo ás 10 da mañá coa lectura dun manifesto na praza da vila. Con anterioridade, no ano 2009, recibiron os devanditos nomeamentos o escritor X. L.

X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega

O equipo de profesionais de Xerais expresa os seus parabéns a X.L. Méndez Ferrín pola súa elección como presidente da Real Academia Galega. Con este motivo, Manuel Bragado, o director da editorial, publicou hoxe nas páxinas de Faro de Vigo un artigo salientando o decisivo desta elección para a cultura galega e para o futuro do noso país.

Celso Emilio Ferreiro, trinta aniversario do seu pasamento

Celso Emilio Ferreiro, trinta aniversario do seu pasamento

Mañá sábado, organizado pola asociación Arraianos, celebraranse en Celanova unha serie de actos con motivo do trinta aniversario do pasamento do poeta Celso Emilio Ferreiro (31 de agosto de 1979). Ás 12 da mañá, realízarase un acto no Alto do Furriolo (A Bola), onde hai anos se inaugurou un mural creado por Xosé Vizoso, para lembrar os represaliados pola ditadura franquista.

Méndez Ferrín nomeado «Arraiano Maior»

Méndez Ferrín nomeado «Arraiano Maior»

Ferrín con membros da asociación Arraianos. Foto I. Osorio. O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín foi nomeado onte «Arraiano Maior» pola asociación Arraianos, no seo dunha festa transfronteiriza que se realizou no día de onte. As nosas beizóns para Ferrín e para os organizadores do merecido recoñecemento.

«Arraianos», recomendación de Ánxela Bugallo

«Arraianos», recomendación de Ánxela Bugallo

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura recomenda Arraianos de Xosé Lúis Méndez Ferrín como libro para agasallar estes días: Para agasallar, para compartir, é este bo momento de volver a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis sólidas da nosa historia literaria.