Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_bolboretas_do_mekong

Presentación na Coruña de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 17 de xaneiro de 2019 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto acompañarán ao autor María Obelleiro e Xurxo Souto.

Unha reflexión prístina, brillante e efectiva sobre o desposuimento do que nos fai humanos,: «As bolboretas do Mekong», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «As bolboretas do Mekong», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Un percorrido polas terras que o río Mekong irmanda

As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.