Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_cousas_que_non_queremos_oír

Presentación en Compostela de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O sábado 14 de marzo de 2020, ás 12:30 horas, na Casa do Taberneiro, rúa San Pedro 15, Santiago de Compotela, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto de entregas do Ciclo dos elementos: En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos e As cousas que non queremos oír de María Reimóndez.

María Reimóndez: «Todas temos ferramentas para a rebelión do día a día.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora María Reimóndez arredor das novelas En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos, As cousas que non queremos oír (as catro partes xa publicadas da serie Ciclo dos Elementos), A dúbida e Corredora, todas elas publicadas por Xerais.

Presentación en Pontevedra de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O mércores 21 de marzo de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.

A novela «As cousas que non queremos oír», de María Reimóndez, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez.  O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O xoves 15 de febreiro de 2018, ás 20,00 horas, na Librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora, Eva Mejuto e Manuel Bragado.

Os desafíos da vida na mellor novela de María Reimóndez: «As cousas que non queremos oír», de María Reimóndez. Crítica de Martínez Bouzas

 Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Reimóndez: «É moi evidente a discriminación das mulleres no xornalismo deportivo, aínda que sexa difícil falar diso»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora María Reimóndez sobre a súa novela As cousas que non queremos oír.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O xoves 25 de xaneiro de 2018, ás 20,00 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 A Coruña, terá lugar a presentación do libro As cousas que non queremos oír  de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e María Reimóndez.

María Reimóndez: «Quería contar desde un enfoque subversivo, facendo unha reflexión sobre o corpo, o efémero e a construción social da saúde e da enfermidade»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con María Reimóndez sobre a súa novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novela densa e intensa; unha excelente lectura: «As cousas que non queremos oír», de María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez.

Un dos proxectos máis singulares e novidosos da narrativa galega: «As cousas que non queremos oír», de María Reimóndez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez.   «As cousas que non queremos oír» de María Reimóndez Presentamos onte na libraría Andel As cousas que non queremos oír, a cuarto novela do Ciclo dos elementos de María Reimóndez.

Presentación en Vigo de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O martes 19 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación da novela As cousas que non queremos oír  de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e a autora.