Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ás_de_bolboreta

«Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros, entre os libros seleccionados polo xornal «ABC» para os días de confinamento

O xornal ABC publicou unha reportaxe na que o xornalista David Gómez fai una selección de libros para levar mellor os días de confinamento, con mención ao libro: Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Análise de «Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros, no blog Escritoras de Literatura Infantil e Xuvenil

O blog Escritoras de Literatura Infantil e Xuvenil publicou unha anotación cunha análise sobre a novela Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, unha novela que foi Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2009, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil 2009 e o obtivo o recoñecemento The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) en 2010.

Rosa Aneiros: «Gústame moitísimo xogar con quen le»

Lingua de Alcaián, un blog da aula de lingua e literatura galega en 3º e 4º ESO, publica unha entrevista con Rosa Aneiros sobre o seu libro Ás de bolboreta, Premio Fudación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, Premio Fudación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009. Estas son algunhas das observacións apuntadas na recensión: «Grazas aos continuos cambios de voces narrativas e de focalizacion, sabemos incluso cousas que eles mesmos descoñecen e que lles afectan en grande medida.

Reedicións de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro en Fóra de Xogo

Os últimos libros de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro na colección Fóra de Xogo son obxecto dunha nova edición ante a súa demanda por parte dos lectores e lectoras. Reedítanse os libros Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que entra na 3ª edición, e O pintor do sombreiro de Malvas, que entra na 2ª edición.

A profa presenta unha completísima guía de lectura de «Ás de bolboreta»

A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Rosa Aneiros e os autores de «Níxer» asinarán o luns, 2 de agosto, na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro luns, 2 de agosto, comezan os actos que Xerais ten previsto realizar na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Ás 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Ás 19:30 h.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

Feira do Libro de Vigo, programa definitivo de actos para esta semana

A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores.

Rosa Aneiros e Elena Gallego, o luns na Feira do Libro de Vigo

O vindeiro luns, 5 de xullo, a partir das 19:00 horas, Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009 e Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Na mesma xornada, ás 19:30 horas, Elena Gallego presentará a súa primeira novela, Dragal. A herdanza do dragón, acompañada do editor Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

Rosa Aneiros: «Ás de bolboreta»

Que conta? Na cafetería de Patricia, a Luzada, conflúen cada mañá os camiños polos que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana orfo dobremente ao morrerlle a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó.