Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_estacións_do_lobo

Entre a liberdade do salvaxe e a calor da manda humana: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Anotación no xornal Nós Diario

  O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Irene Pin sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   “As estacións do lobo”: Entre a liberdade do salvaxe e a calor da manda humana Na recuperación progresiva das actividades vencelladas ao sector do libro, comezan a retornar algunhas das que se viron canceladas.

Presentación virtual do libro “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O xoves 4 de xuño ás 18:30 horas, por medio da plataforma Zoom e coa Libraría Lila de Lilith, a escritora María Reimóndez presenta As estacións do lobo e o resto de entregas do “Ciclo dos elementos”. Se queres participar envía un correo a liladelilith@gmail.com para recibir as claves da xuntanza. As persoas participantes deste encontro terán un detalliño ao mercar na Lila na semana posterior á presentación.

Presentación en Compostela de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O sábado 14 de marzo de 2020, ás 12:30 horas, na Casa do Taberneiro, rúa San Pedro 15, Santiago de Compotela, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto de entregas do Ciclo dos elementos: En vías de extinción, Dende o conflito, A música dos seres vivos e As cousas que non queremos oír de María Reimóndez.

Presentación e Roteiro en Lugo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O venres 7 de febreiro ás 20:00 horas, no Vello Cárcere, Praza da Constitución s/nº de Lugo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo e do resto das novelas do Ciclo dos elementos de María Reimóndez.

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

Unha novela contra o amor como convención: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Reimóndez: «A novela describe o xeito de sociabilización que somete ás mulleres e tamén aos homes a uns patróns de xénero». Entrevista en «Atlántico Diario» sobre «As estacións do lobo»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena á escritora María Reimóndez sobre o libro: As estacións do lobo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O martes 12 de novembro de 2019, ás 20:30 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona 16, Vigo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora Ánxela Lema, Eva Mejuto, Montse Paz, Mercedes Peón e Eva Teijeiro.

Deixarse ir na narrativa de María Reimóndez é unha auténtica ledicia: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «As estacións do lobo» (María Reimóndez)   Partamos da evidencia de que as relacións interpersoais NUNCA son doadas. Nunca. Tanto ten que esas relacións sexan heterosexuais como homosexuais.

«As estacións do lobo», de María Reimóndez, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

As estacións do lobo, de María Reimóndez, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de outubro de 2019. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela que busca romper cos estereotipos, cos prexuízos mil que aínda nos perseguen: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 4´40″.

As novidades de Xerais para o outono. Artigo no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo sobre as novidades de Xerais para este outono, libros entre os que subliña: As estacións do lobo, de María Reimóndez; O ceo das reixas, de Eli Ríos e Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, entre outras publicacións.