Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_horas_roubadas

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Lecturas da corentena por David González: «As horas roubadas», «Cabalos e lobos» e «A crueldade de abril». Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Na cuarta entrega da serie, o artigo fai mención a tres libros publicados por Xerais: As horas roubadas, de María Solar; Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo e A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

María Solar: «En ‘As horas roubadas’ as protagonistas son mulleres que tiveron que pagar un alto prezo por vivir segundo os seus desexos»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil á escritora María Solar.   María Solar: «En Galicia véndense mellor os meus libros en galego ca en castelán» María Solar (Santiago, 1970) recoñece que “a vida lle vai ben”.

Festa dos Libros. Pontevedra 2017. Libros de Xerais

Os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías de Pontevedra. O amplo programa desenrolarase  de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h. As actividades de obras publicadas por Xerais son: Venres, 23 18.

A novela «As horas roubadas», de María Solar, Premio Frei Martín Sarmiento

A novela As horas roubadas, de María Solar, resultou gañadora na XIII edición dos Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Os premios Frei Martín Sarmiento, que chegan este ano á súa décimo terceira edición, recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros da Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos.

Tres alumnas do CEIP Alcalde Xosé Pichel entrevistan a Carlos Negro e María Solar

No derradeiro programa de radio do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco neste curso, tres alumnas entrevistaron a Carlos Negro e María Solar despois de ler Penúltimas tendencias, Masculino singular e As horas roubadas, a iniciativa da profesora Mercedes Queixas: Nesta ligazón pode verse a visita de Carlos Negro ao centro, que participou no club lector. E noutrouta ligazón, vemos o peche da tempada radiofónica no centro.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, e «As horas roubadas», de María Solar, recomendadas pola booktuber galega Corazón ao vento

A canle Corazón ao vento, dunha booktuber galega, recomenda dúas novelas publicadas por Xerais: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e As horas roubadas, de María Solar.

Dúas horas enganchado á novela: «As horas roubadas», de María Solar. Artigo de Rafael Laso Lorenzo

A web Dende a Limia publicou un artigo de Rafael Laso Lorenzo sobre a novela As horas roubadas, de María Solar.   As horas roubadas Non vou dicir que o roubo, mais si que o tomo prestado. Refírome ó título deste artigo. Escríboo xa en Vigo, logo de disfrutar do Corredoiro na miña vila de Xinzo. Onte, sábado, andei por Talavera de la Reina.

María Solar participa con estudantes de Ourense nun faladoiro literario en torno a súa novela «As horas roubadas»

Os informativos da TVG emitiron unha información sobre a participación de  María Solar nunha tertulia literaria con estudantes de toda a provincia de Ourense en torno á súa novela As horas roubadas. A información pode verse nesta ligazón.

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.