Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_rapazas_de_xan

Manuel Iglesias Turnes: «Escribo para a xente que nunca leu en galego»

A web Culturagalega publicou unha entrevista de Manuel Gago a Manuel Iglesias Turnes sobre a novela Que non te aten.   Manuel Iglesias Turnes: «Escribo para a xente que nunca leu en galego» O escritor presenta Que non te aten, unha historia da mocidade no rural actual A novela Que non te aten (Xerais, 2016) de Manuel Iglesias Turnes está a dar moito que falar.

Manuel Iglesias Turnes: «Alguén ten que falar do rural nun país como Galicia, onde o noso sector ten moitísimo peso»

A revista Afriga publicou unha entrevista a Manuel Iglesias Turnes sobre a súa nova novela, Que non te aten.  «Hai unha xente moi preparada á fronte das explotacións: é o que quero que vexa o mundo urbano» Sae Que non te aten, a nova novela do rural galego de Manuel Iglesias Turnes, editada por Xerais. Falamos co autor das súas claves. —A túa primeira obra, As rapazas de Xan, tivo moi boa acollida.

A oferta do catálogo de ebooks de Xerais medra día a día e inclúe a Rosalía de Castro

O catálogo dixital de Xerais medra día a día, e xa son arredor de trinta os títulos dispoñibles para lectores electrónicos e tabletas. A edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, preparada por Anxo Angueira para a colección Clásicos tamén está dispoñible desde hai algunhas semanas en formato epub, tal e como anunciamos a medidados de abril.

Dar fe da aldea galega no pasado recente: «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Pablo Veiga

Pablo Veiga publicou no diario dixital Terra Cha.xa unha recensión crítica da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes.       «As rapazas de Xan». Crítica de Pablo Veiga  Á hora de entendermos a situación xeral de Galicia, especialmente de amplas zonas do interior, o que identificamos como o rural, podemos recorrer a diversas fontes documentais e bibliográficas dos máis variados autores.

Presentación en Arzúa de “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes

O sábado, 27 de outubro, ás 21:30 horas, na Capela da Magdalena en Arzúa, terá lugar a presentación de As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto participarán Pablo Vaamonde García, Che Turnes e Manuel Iglesias Turnes.

Presentación “As rapazas de Xan” de Manuel Iglesias Turnes en Xanceda, Mesía

O venres, 28 de setembro, ás 21:30 horas, na Casa da Cultura de Xanceda, Mesía, terá lugar o acto de presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor, Pablo Vaamonde e Che Turnes.

Unha sopresa que nos agarda nas librerías: «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en Galicia confidencial unha recensión da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes.     Testemuño e culpa na crónica da xeración perdida ‘As rapazas de Xan’ é a aposta literaria de X.M. Eyré desta semana, unha novela de Manuel Iglesias Turnes que representa de xeito moi realista a sociedade rural do medio seculo pasado en Galicia.

Xosé Manuel Eyré recomenda «As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes, para a socialización e dinamización lectora en secundaria

O crítico Xosé Manuel Eyré recomenda no seu blog Ferradura en tránsito a novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, para a socialización e dinamización lectora en secundaria.   Socialización e dinamización lectora a partir de «As rapazas de Xan» Na miña «particular» guerra de todos os días, a primeira lectura que vou recomendar aos alumnos é  As rapazas de Xan. Por diversas razóns.

Presentación d’ «As rapazas de Xan» na Praza das letras de Carballo

O xoves, 23 de agosto, ás 20:3o horas na Praza das Letras de Carballo presentarase a novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto acompañarán ao autor Pablo Vamonde, Che Turnes e Manuel Bragado.

“As rapazas de Xan”, novela recomendada en blog lucenses

As rapazas de Xan, a novela de Manuel Iglesias Turnes, continúa sendo recomendada entre os lectores. Atopamos dúas recomendacións en senllos blogs lucenses que merecen ser divulgadas: Os que nos coñecen poden pensar que estamos a falar da Carmen e a Helena, as rapazas do noso Xan. Pois non, neste caso o que lles propoñemos é que lean a novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes (Edicións Xerais).

Presentación de “As rapazas de Xan” no Festigal 2012

O martes, 24 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación da novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes. No acto, organizado con motivo do FESTIGAL, 2012 (Campus Sur-Santiago de Compostela), participarán Pablo Vaamonde, Che Turnes, Manuel Bragado e o autor.

Pedro Feijoo, un escritor con maiúsculas. Repaso de novidades de Dolores Vilavedra

O repaso de novidades que realiza Dolores Vilavedra no suplemento Luces de El País aborda nesta ocasión os libros As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes; e de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Tamén cita Aire negro, de Agustín Fernández Paz.     As rapazas de Xan, a primeira novela de Manuel Iglesias Turnes, deixoume un tanto atónita.