Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_vidas_de_nito

As vidas de Xabier Paz. Entrevista de Vítor Vaqueiro

A partir dun encontro persoal de carácter literario, o escritor Vítor Vaqueiro fíxolle unha longa entrevista a Xabier Paz que reproduce Sermos Galiza.     As vidas de Xabier Paz A seguinte conversa é o encontro literario entre dous escritores que son amigos desde hai máis de corenta anos.

Xabier Paz: « Quixen facer unha indagación na natureza humana, que é complexa e contraditoria como é Nito». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a  Xabier Paz pola recente publicación da súa novela As vidas de Nito.   «Agardabamos a modernidade, pero todo quedou no que a socialdemocracia europea quixo que quedase» Se a anterior novela de Xabier Paz, Renacer, tiña moito que ver coa memoria, a nova, As vidas de Nito, afonda na mesma cuestión.

«As vidas de Nito», en Narrativa; «Raíz da fenda», en Poesía; «Flor de area» en Infantil e Xuvenil, e «Marcopola 2» en Banda Deseñada encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As vidas de Nito, de Xabier Paz, en Narrativa, Raíz da fenda, de Berta Dávila, en Poesía;  Flor de area, de M.

Crónica da presentación en Ourense de «As vidas de Nito», de Xabier Paz

A revista Tempo de Lecer Ourense publicou unha información sobre a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz.

Unha novela memorialística que se nutre de momentos de vida: «As vidas de Nito», de Xabier Paz. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre As vidas de Nito de Xabier Paz.   Palabras sandadoras Pequenas pezas do puzzle Resulta evidente que a memoria é un dos motivos clásicos da historia da literatura universal.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.

Presentación na Coruña de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O venres, 28 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Mada Carballeira e Xabier Paz.

Presentación en Ourense de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O xoves, 27 de xuño, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Mercedes Suárez, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Ás visitas á vida digredida: “As vidas de Nito” de Xabier Paz. Crítica de X. M. Eyré

Xosé M. Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre As vidas de Nito, de Xabier Paz. Unha obra de reflexións sobre moi diversos aspectos e ópticas, desde a filosofía á bioloxía, a poesía, relixión, metapoética, historia ou os xogos tradicionais. Crítica de X.M. Eyré.

Debullando as vidas dunha existencia: “As vidas de Nito” de Xabier Paz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Nove noites unha recensión crítica sobre As vidas de Nito de Xabier Paz .   Novela moi rica, escrita cunha lingua envolvente, evocativa, por veces case que luxuriosa.

Presentación en Gondomar de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O venres, 21 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Libraida, rúa Rosalía de Castro, 13 de Gondomar, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Camiño Noia, Fran Alonso e Xabier Paz.

Presentación en Pontevedra de “As vidas de Nito” de Xabier Paz

O xoves, 20 de xuño, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela As vidas de Nito de Xabier Paz. No acto participarán Antolina Fernández, Manuel Bragado e Xabier Paz.