Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_voces_baixas

Os libros de Manuel Rivas: 100 opinións dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis máis de 100 opinións dos seus alumnos e alumnas sobre diversos libros de Manuel Rivas lidos ao longo dun trimestre. As opinións dos/as estudantes poden lerse neste enlace.

Presentación «As voces baixas» na libraría A lus do candil de Arteixo

O xoves 19 de decembro, a partir das 20:00 horas, na libraría A lus do candil, rúa Historiador Vedía 3, baixo de Arteixo, Manuel Rivas conversará cos lectores e lectoras sobre As voces baixas.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo. Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora).

Miguel Sande recomendou «Dark Butterfly» e «As voces baixas» como lecturas para o verán

Miguel Sande recomendou no Culturas de La Voz de Galicia as novelas Dark Butterfly, de Rexina Vega, e As voces baixas, de Manuel Rivas, como lecturas para o verán.   Rivas ou Rexina Vega Aquí, confeso, tamén tiven dúbidas. Recomendaria de boa gafia unha novela da que tratei de aprender, anovadora, magnitica, novela do futuro se o futuro fose da novela, que o dubido.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.

As lembranzas autobiográficas do duro paraíso: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Ángel Berlanga

O diario arxentino Página 12 publica unha recensión de Ángel Berlanga sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.     El duro paraíso La infancia y la aldea natal. Los recuerdos del duro paraíso del que proviene y que también explica el origen de la literatura en su vida, constituyen el centro de Las voces bajas, de Manuel Rivas, relato autobiográfico escrito en galego y traducido al castellano por el propio autor.

«Feminismos», á cabeza dos libros máis vendidos en Ensaio e «En vías de extinción» e «A vitoria do perdedor», en Narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. En vías de extinción, de María Reimóndez e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, encabezan a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema e As voces baixas, de Manuel Rivas.

Presentación de “As voces baixas” de Manuel Rivas no Ateneo Eumés

O xoves, 11 de abril, ás 20:00 horas, no Local de Maiores de Pontedeume, terá lugar a presentación de As voces baixas de Manuel Rivas nun acto organizado polo Ateneo Eumés e Xerais.

Finalistas dos Premios AELG 2013

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os finalistas dos Premios AELG 2013. Entre eles, constan os seguintes libros de Xerais:   Narrativa - A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval.

«As voces baixas», de Manuel Rivas, continúa encabezando o listado dos libros máis vendidos de narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As voces baixas, de Manuel Rivas, encabeza a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema,  O gardián invisible de Dolores Redondo, e A noite branca, de Francisco Fernández Naval. O listado completo pode consultarse aquí.

O libro da vida: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Artigo de Antón Patiño

O pintor Antón Patiño publicou na revista Gallegos nº 17 (2012) un longo artigo, ilustrado con fotografías, sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. O artigo, titulado «O libro da vida», pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

«As voces baixas», de Manuel Rivas, encabeza o listado dos libros máis vendidos de narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As voces baixas, de Manuel Rivas, encabeza a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de O gardián invisible de Dolores Redondo. O listado completo pode consultarse aquí.