Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_voces_baixas

Xerais inicia a súa oferta de e-books

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

Unha lectura de «As voces baixas» a cargo de Manuel Rivas. Vídeo

Manuel Rivas realiza unha lectura da súa última novela  As voces baixas durante o Culturgal, presentado por Manuel Bragado. Vídeo gravado e publicado por Redelibros.

Os Premios Fervenzas Literarias 2013 recoñecen autores e libros de Xerais e a propia editorial

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de 453 fichas de votación. Esta é unha fermosa iniciativa que dá pé á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os excelentes resultados obtidos polos libros publicados pola editorial.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na Fnac da Coruña

O xoves, 10 de xaneiro, a partir das 19:30 horas, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas na Fnac, Praza de Lugo, s/nº A Coruña. As voces baixas, que vai xa pola segunda edición e que leva máis de 6.000 exemplares vendidos, foi o libro de narrativa en galego máis vendido neste nadal.

Lirismo do agreste: a memoria persoal e colectiva de Manuel Rivas. Reportaxe de Tereixa Constenla

El País publicou unha reportaxe de Tereixa Constenla sobre Manuel Rivas en relación coa súa última novela As voces baixas. (Fotografía de Bernardo Pérez).     Manuel Rivas merodea por su memoria El escritor recrea el épico mundo en el que creció en Galicia Es la primera incursión autobiográfica de su trayectoria   Hay gente capaz de entrever la épica bajo la modesta lucha cotidiana.

Manuel Rivas: «Se cadra debería escribir en braille, porque escribo como un cego, con esa conexión entre os dedos e o maxín». Entrevista de Montse Dopico sobre «As voces baixas»

Praza Pública ofrece unha longa entrevista de Montse Dopico a Manuel Rivas sobre a súa última novela As voces baixas.     «A nosa tradición é máis erótica que fúnebre, aínda que ás veces pareza que o país anda un pouco zombi» Manuel Rivas leva anos á escoita das voces baixas.

Manuel Rivas: «Pensei que se deixaba de escribir non pasaría nada». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Rivas, sobre a súa última novela As voces baixas.   Manuel Rivas: «Os personaxes conduciron a escrita d’As voces baixas» En poucas ocasións un libro nace con tan boa fortuna como acontece con As voces baixas (Xerais).

Entrevista de María Solar a Manuel Rivas no Zig zag sobre «As voces baixas»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Manuel Rivas sobre a súa última novela As voces baixas.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Nova Colón da Coruña

O sábado, 22 de decembro, a partir das 19:30 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Arenas da Coruña

O venres, 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

Radio en directo con «As voces baixas», de Manuel Rivas

Manuel Bragado publicou en Brétemas senllas crónicas dos actos promocionais de As voces baixas, de Manuel Rivas en Ourense e Pontevedra.   Radio na libraría Na xornada pontevedresa de promoción d’ As voces baixas, gustei moito da conversa que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo con Manuel Rivas na libraría Cronopios.

Antón Patiño: «’As voces baixas’, de Manuel Rivas é un libro histórico, unha marabilla»

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha crónica da presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas. Tamén o Faro de Vigo recolle a noticia.   Antón Patiño fala das “voces baixas” de Rivas Manuel Rivas estivo toda a tarde en Librouro, a veterana libraría viguesa creada por Antón Patiño, o libreiro da memoria de ferro.