Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_voces_baixas

Lectura de “As voces baixas” en Pontevedra

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo, 3 en Pontevedra, terá lugar unha lectura da novela As voces baixas de Manuel Rivas. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado.

Lectura de “As voces baixas” en Ourense

O mércores, 19 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 de Ourense, terá lugar unha  lectura de As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán Manuel Rivas e Manuel Bragado. A partir das 19:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares na Livraria Torga, rúa da Paz, 16 de Ourense.

Presentación de “As voces baixas” en Vigo

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a lectura-presentación do libro As voces baixas de Manuel Rivas. No acto participarán, Antón Patiño, Manuel Bragado e Manuel Rivas. A partir das 18:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares da súa obra.

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle

Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para os lectores e lectoras que empregan o Kindle. Os libros que xa se poden mercar para ese formato electrónico son As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012; En vías de extinción, de María Reimóndez; e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

A autonovela de Manuel Rivas, o fillo da leiteira: «As voces baixas». Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   O fillo da leiteira. A autonovela de Manuel Rivas A estas alturas da película coido que resulta ocioso / odioso que alguén pense que o recoñecemento de Rivas como un extraordinario escritor se debe ao feito de ter detrás ao grupo Prisa.

De como o azafrán resulta máis valioso que o ouro: «As voces baixas», de Manuel Rivas, un relato íntimo e colectivo. Artigo de Carlos Negro

Carlos Negro publicou en Sermos Galiza un artigo sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   A ollada fértil Isto que agora escribo quizais non chegue nunca á categoría de recensión, nin tan sequera de artigo.

Manuel Rivas: «Se hai unha palabra que me tatuaría sería liberdade». Entrevista de Sandra Faginas

La Voz de Galicia publica unha entrevista da xornalista Sandra Faginas con Manuel Rivas durante a que se fala tamén do seu último libro, As voces baixas.   Manuel Rivas: «Son un home de gustos domésticos, de café, pan e música» O escritor, que ven de publicar As voces baixas, abre a Extra Voz as portas do seu mundo cotián Manuel Rivas (A Coruña, 24 de outubro de 1957) é un ser magnético.

Cando murmura a boca da memoria: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou unha recensión crítica  sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. A recensión publicouse nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.     As voces da memoria ¿E el non vedes ese picariño que anda temeroso da treboada na Rúa Marola en Monte Alto? Évos o fillo da Carmiña e o saxofonista e abrázase na irmá María como se niso lle fose a vida.

«O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz, encabeza a Tabela dos libros do mes de decembro

O blog Criticalia de Armando Requeixo publica Tabela dos libros do mes de decembro, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Héitor Mera Herbello, Inmaculada Otero Varela, Montse Pena Presas, Manuel Rodríguez Alonso e o propio Armando Requeixo. No ranquing aparece a clasificación elixida por cada un dos críticos, así como o resultado final.

Un libro universal escrito desde Monte Alto: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Pere Meroño en Vilaweb

Pere Meroño publica no seu blog de Vilaweb unha recensión crítica en catalán sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   As voces baixas (Manuel Rivas) L’escriptor corunyès ens regala, un cop més, amb “As voces baixas” un llibre rodó.

«As voces baixas», de Manuel Rivas: un libro diverso con vocación autobiográfica. Crítica sonora de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha recensión crítica de Chus Nogueira sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. Chus Nogueira afirma que As voces baixas é unha obra complexa e diversa dentro da traxectoria do autor, un libro con moito de autobiográfico. A recensión crítica, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.

Manuel Rivas: «As voces baixas ten unha estrutura que se asemella ao camiñar, que se vai adaptando ás costas e baixadas»

Culturamas publica unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa última novela As voces baixas (Foto de Cabalar).   Manuel Rivas: el murmullo literario «Las voces bajas es la novela de la vida. Son las voces de los niños, las mujeres que hablan solas, los emigrantes, los muertos, los animales… Las voces de los que no quieren dominar y se alimentan de palabras y cuentos.