Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_voces_baixas

Un escritor que te acompaña ao longo de toda a túa vida. Anotación de Manuel Gago sobre «As voces baixas», de Manuel Rivas

Manuel Gago publicou no seu blog Capítulo 0 unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.   As voces baixas: o corpo aberto de Rivas Algúns escritores acompáñante ao longo de boa parte da túa vida como lector.

A fronteira entre ficción e realidade. O uso de fotografías en «As voces baixas», de Manuel Rivas. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha nova anotación sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.    As voces baixas   Son aínda ben delas, as cousas que me quedaron no tinteiro unha vez rematada a críticia: 1072 palabras, máis grande do habitual nas miñas. Unha delas, por exemplo, que nin mentei porque xa sabía que de facelo me iría o tamaño en desmesura, é o uso de fotografías.

Un libro conmovedor: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.

Un gran lírico en prosa: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial, unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.

«As voces baixas», de Manuel Rivas: unha novela que se devora. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha anotación sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.     Primeiro contacto con «As voces baixas» Xa aviso: primeiro contacto, si, mais no primeiro contacto devorei a metade da novela. Aínda sabendo que a mina obriga como crítico é ir tomando notas segundo vou lendo, entra tan tan dentro esta As voces baixas que o único en que pensaba era en pasar páxinas.

O mellor libro de Manuel Rivas: «As voces baixas». Artigo de Quique Alvarellos titulado «A crónica do ‘eu’ de Rivas»

O escritor e editor Quique Alvarellos publicou en El Correo Gallego un artigo de opinión sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.   A crónica do “eu” de Rivas “Iso non é periodismo, é literatura!”, dixéralle na Facultade de Xornalismo a Manuel Rivas o seu profesor, o xornalista Federico Ysart. A última obra de Rivas, publicada por Xerais e titulada As voces baixas,saíu á venda a pasada semana.

«A voces baixas»: cando Manuel Rivas xogou a ser astronauta pilotando unha maleta. Reportaxe de Marta García Márquez

El Ideal Gallego e Diario de Ferrol publican unha reportaxe de Marta García Márquez sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas.     Memoria dun tempo no que Rivas xogou a ser astronauta pilotando unha maleta Foto de Endika Roldán “Fun á procura dun tempo non perdido”. Manuel Rivas confesa que para escribir o seu novo libro “As voces baixas” (Edicións Xerais) sentouse a agardar.

Manuel Rivas bota man da súa infancia na novela «As voces baixas»

El Progreso de Lugo publica unha información de Europa Press sobre o último libro de Manuel Rivas, As voces baixas. (Foto de Cabalar)   Manuel Rivas bota man da súa infancia na súa nova novela, «As voces baixas» O autor presentou onte na Coruña a súa obra, na que mestura medo e ironía e sitúa a súa irmá como fío condutor da historia   A CORUÑA.

«As voces baixas», o libro dos espertares. Anotación de Manuel Bragado sobre a presentación da nova novela de Manuel Rivas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación onte na Coruña do libro As voces baixas, de Manuel Rivas.

Manuel Rivas: «En ‘As voces baixas’ está o que non se podía dicir nin contar: as historias que oías como neno espiando os adultos». Entrevista de Rodri García

La Voz de Galicia publica unha entrevista de Rodri García a Manuel Rivas sobre o seu libro As voces baixas.   Manuel Rivas: «Necesitaba facer este libro e fíxeno coma se fose o último» Na obra están «as voces que poden contar a historia a rentes do chan»   Volve Rivas. Unha voz alta nas letras galegas cunha novela que chama As voces baixas (Xerais) «e non porque os que falen sexan baixos», ironizaba onte.

Manuel Rivas: «Teño a sensación de que ‘As voces baixas’ é o primeiro e derradeiro libro». Entrevista de Mar Mato

Faro de Vigo e La Opinión publican unha entrevista de Mar Mato a Manuel Rivas sobre o seu libro As voces baixas (Foto de Cabalar).     «Soy como un erizo porque me abro aunque tengo secretos» «Entré en el periodismo por unos versos; la poesía vale de algo» Curioso es el primer miedo que recuerda el escritor Manuel Rivas.

Cando o lector pasa a ser parte do libro: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Artigo no blog de Juan Cruz

Juan Cruz escribiu no seu blog de El País un artigo baixo o título, «Manuel Rivas, la virtud de ser» no que fala do último libro de Manuel Rivas, As voces baixas. Entre outras moitas cousas, afirma: «Rivas ha escrito un libro emocionante que deja en el lector la certidumbre de haber circulado por la vida de otros viviendo en realidad su propia vida. Él ha escrito el libro, pero ya sus lectores somos parte de ese libro.