Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asasinato_no_consello_nacional

Diego Ameixeiras, entrevista en Galicia Hoxe

Esta fin de semana, o suplemento Lecer do Galicia hoxe publicou unha longa entrevista con Diego Ameixeiras que lle fixo a xornalista Rosabel Candal a raíz da aparición na librarías de Asasinato no Consello Nacional, un dos libros que máis expectativa crearon nesta nova tempada literaria.

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

Pódese baixar en pdf o primeiro capítulo de Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, que tanta expectación está a levantar e que se centra no asasinato de Mario Dacosta, parlamentario do BNG, o día en que todo o Consello Nacional presenta a súa dimisión logo do resultado electoral no que o bipartito perde as eleccións. Asasinato no Consello Nacional chegará ás librarías na próxima semana.

Outono de lectura: Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras

Maré, as páxinas de cultura do Galicia Hoxe, recolle hoxe unha reportaxe sobre as novidades literarias para o próximo outono, baixo o título «Outono de lectura». Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga e Diego Ameixeiras son os tres autores que Xerais vai ofrecer aos seus lectores e lectoras.

«Asasinato no Consello Nacional» continúa espertando expectación

Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, continúa espertando expectación en distintos medios. Agora é o blog Letras e bits en Galicia e no mundo de El Correo Gallego, o que recolle a noticia da súa trama. A novela estará nas librerías a principios de outubro.

«Asasinato no Consello Nacional», próxima novela de Diego Ameixeiras

Galicia hoxe faise eco da aparición na derradeira semana do mes de setembro de Asasinato no Consello Nacional, a quinta novela de Diego Ameixeiras.

«Asasinato no Consello Nacional», a volta de Diego Ameixeiras

Rodri García faise eco nas páxinas de La Voz de Galicia da próxima aparición de Asasinato no Consello Nacional, a vindeira novela de Diego Ameixeiras, ambientada no BNG e protagonizada polo detective Alberto Cupeiro. Para Ameixeiras  «Cupeiro é moi distinto a Dopico, investiga outro tipo de intrigas, un mundo de política ficción e aquí a trama é máis real, máis pegada á actualidade».

Ameixeiras: «Confío no sentido do humor dos dirixentes nacionalistas»

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.

«Asasinato no Consello Nacional», a volta de Diego Ameixeiras

Alberto Ramos anuncia en Xornal de Galicia a publicación inminente da nova novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional. Unha novela de intriga na que o Alberto Cudeiro, un elegante detective con ínfulas taoístas, debe investigar o crime dun parlamentario do BNG nun momento político decisivo, feito que o levará a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.