Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asesoría_de_bibliotecas_escolares

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda «Europa Express», de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne 2015

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación recomendando a lectura da novela Europa Express, de Andrea Maceiras, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015.     EUROPA EXPRESS , Premio Jules Verne de Narrativa Xuvenil 2015 Europa Express de Andrea Maceiras gañou o Premio Jules Verne de narrativa xuvenil, na edición de 2015.

Unha novela de misterio para adentrarse na historia do Couto Mixto: «Por que as sombras non teñen ollos» de Luís García Mañá. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre a novela Por que as sombras non teñen ollos, de Luís García Mañá.     Por que as sombras non teñen ollos de Luís García Mañá Luís García Mañá publica en Xerais  Por que as sombras non teñen ollos, unha novela ambientada no territorio raiano do Couto Mixto na 2ª Guerra Mundial.

Un álbum para iluminar: «Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre o libro Onde viven as fadas?» Conto para ler ás escuras, de Ignasi Valios i Buñuel, é unha novidada deste outono literario de Xerais. ONDE VIVEN AS FADAS? Conto para ler ás escuras Onde viven as fadas? «Conto para ler ás escuras».

Agustín Fernández Paz, premiado polos clubs de lectura

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre acto de entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao escritor Agustín Fernández Paz por parte das Bibliotecas Escolares de Galicia, recoñecemento do que xa deramos noticia.

Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos: «O corazón da maxia» de Xavier Estévez e «Rubicundo», de María Canosa

O blog Rede Lectura, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, e Rubicundo, de María Canosa.   Dous libros para lectores a partir de 9 e 11 anos Rubicundo de María Canosa, vai dirixido aos máis pequenos.

Agustín Fernández Paz, Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos centros de ensino

O escritor Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos Clubs de Lectura dos centros de ensino polas Bibliotecas Escolares de Galicia.

¿Quen mata: as palabras ou o silencio? Anotación en Redelectura sobre a última novela de Marcos Calveiro

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.   ¿Quen mata: as palabras ou o silencio? Ben a conto a pregunta despois de ler a última novela de Marcos Calveiro As palabras poden matar. Un barrio de favelas onde goberna o Chibo e os seus sicarios.

Unha historia chea de lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.   Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey con ilustracións de Laura Súa Campos; unhas imaxes con moito movemento e liñas curvas que nos traen o aire dunha época que coñecemos a través das postais.

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Rede Lectura

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?: «Ovella descarreirada», de Marilar Aleixandre. Anotación en Rede Lectura

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, ilustrado por Óscar Villán.   Poemas matemáticos, ou versos matemáticos? Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre é un poemario publicado na colección Milmanda de Xerais.

A colección «O Club da Ciencia», no blog das Bibliotecas Escolares

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, recomenda a colección O Club da Ciencia.   Coleccións relacionadas coa ciencia en galego O club da ciencia é unha colección de Edicións Xerais de Galicia. Da autoría de Victor Raga, con ilustracións de Montse Español Rodié e traducido por Pablo Sánchez Mato. Baixo os títulos van aparecendo subtítulos que nos adiantan as temáticas que se van a tratar.

O bo momento creativo de María Reimóndez: «Volvo! O regreso de Usha»

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez.   Libros que son continuación de outros. Libros de autoras moi premiadas María Reimóndez anda a demostrar o seu bo momento creativo. Despois do Premio Xerais, acaba de acadar o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.

Historia rimada. «As redes de Inés», de Elvira Riveiro Tobío. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre As redes de Inés, de Elvira Riveiro Tobío, con ilustracións de Fino Lorenzo, publicado na colección Merliño. Novidades de libro. Historia rimada Unha pequena historia rimada arredor de Inés, a atadora de redes que conta historias de mar.