Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asociación_cultural_barbantia

Presentación en Ribeira de “O anxo negro” de Manuel Gago

O venres, 17 de xuño, ás 20:30 horas, no Club Náutico Deportivo de Ribeira, Peirao, s/nº, terá lugar a presentación da novela O anxo negro de Manuel Gago.

Presentación de “De remate” de Héctor Cajaraville na VI Romaría das Letras do Barbanza

O martes, 17  de maio ás 17:00 horas, no Pazo de Goiáns, en Boiro, terá lugar a presentación da novela De remate de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela, 2016.

Presentación de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada na Pobra do Caramiñal

O venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas, na libraría Ler, rúa da Paz, 8, da Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Libraría Ler e Xerais, intervirán Xerardo Agrafoxo, Pedro García Vidal, Xosé Manuel Lobato, Antón Riveiro Coello e o autor.

Presentación en Boiro de “Vento e chuvia” de Manuel Gago

O venres, 30 de maio, ás 20:30 horas, na Estación Leñaverde de Boiro, terá lugar a presentación do libro Vento e chuvia Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manuel Gago. No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais, participarán o socio de Barbantia, Alberto García e o autor.

Presentación en Boiro de “A voz do vento” de Pemón Bouzas

O sábado, 17 de maio, a partir das 17:30 horas, no Pazo de Goiáns de Boiro, terá lugar a presentación da novela A voz do vento de Pemón Bouzas. No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais  na IV Romaría das Letras no Barbanza, participarán Xesús Laíño, Manuel Bragado e Pemón Bouzas.

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

Alta literatura: «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Agustín Agra

O escritor Agustín Agra publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Cadeas de Xabier López López.     Cadeas (digresión artística), de Xabier López Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Presentación de “Quen matou o Cantino?” de Xerardo Agrafoxo en Noia

O venres, 27 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, Corredoira Luís Cadarso de Noia, terá lugar a presentación do libro Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia de Xerardo Agrafoxo. O acto, no que tamén se presentará o número 87 do suplemento cultural A Voz de Barbantia,  está organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Concello de Noia e Xerais.

Presentación en Outes de “Tonas de laranxa” de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón

O venres, 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Outes, Avda San Campio, 1 de Outes, terá lugar a presentación de Tonas de laranxa de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela, 2012. Presentarán a novela Paulino Vázquez e os autores.

Presentación de “Trampa de luz” de Agustín Agra en Noia

O venres, 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, rúa Luís Cadarso, s/nº en Noia, terá lugar a presentación da novela Trampa de luz de Agustín Agra.