Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asociación_galega_de_profesionais_da_tradución_e_da_interpretación

Jonathan Dunne, conferencia en Vigo

O mércores 13 de outubro, ás 20:00 h., no Centro Social Caixanova de Vigo, Jonathan Dunne, autor da Anthology of  Galician Literature, dará unha conferencia sobre a tradución, titulada O ADN da lingua inglesa, nun acto organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) e a Asociación de Tradutores Galegos (ATG). Haberá música do grupo Kibitka. Fonte: Axenda AELG.

Marilar Aleixandre, homenaxeada no Día Internacional da Tradución

Marilar Aleixandre foi homenaxeada o pasado día 30 de setembro polo seu labor como tradutora literaria. Esta homenaxe formou parte dos actos do Día Internacional da Tradución, organizados pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, a Asociación de Tradutores Galegos e Asociación Galega de Profesionales da Tradución e da Interpretación, coa colaboración da Consellaría de Cultura e Turismo.