Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ateneo_de_pontevedra

Presentación en Pontevedra de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O mércores 27 de marzo de 2019, ás 20 horas, na Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa de Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Xaime Toxo e Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Lapis na noite” de Ramón Nicolás

O martes 18 de setembro de 2018 ás 20:00 horas, no salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Lapis na noite de Ramón Nicolás. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Montse Fajardo, Xaime Toxo, Fran Alonso e Ramón Nicolás.

Presentación en Pontevedra de “Ceiba de Luz” de Manuel Lourenzo González

O mércores 22 de novembro de 2017 ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación de Ceiba de Luz de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  acompañarán ao autor Anxo González Guerra, Xaime Toxo e Manuel Bragado.

Presentación en Pontevedra de “Aníbal e a Pintora” de Xabier Paz

O martes, 14 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, n’ A Casa das Campás, terá lugar a presentación da novela Aníbal e a Pintora de Xabier Paz. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Xaime Toxo, Silvia García, Manuel Bragado e Xabier Paz.

Presentación en Pontevedra de “Follas novas” de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

O xoves, 12 de xaneiro, 2017, ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, intervirán Xaime Toxo, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

Presentación en Pontevedra de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O xoves, 3 de novembro, ás 20:00 horas, n’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal), en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participaran Anselmo López Carreira, Xaime Domínguez Toxo, Manuel Bragado e Manuel Veiga Taboada.

Presentación de “Non hai outro camiño” de Isaac Xubín en Pontevedra

O luns, 26 de setembro, ás 20:00 horas, n’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Non hai outro camiño de Isaac Xubín. No acto, organizado en colaboración co Ateneo,  participarán Ana Acuña, Anxo Angueira, Xaime Domínguez Toxo, Manuel Bragado e Isaac Xubín.

Presentación en Pontevedra de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez

O xoves, 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto, organizado polo Museo de Pontevedra, o Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo, Manuel Bragado e Luís Rei Núñez.

Presentación en Pontevedra de “O dobrón de a oito” de Alberto Fortes

O venres, 12 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa da Luz, Praza da Verdura, s/nº de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O dobrón de a oito de Alberto Fortes. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Antón Sobral, Manuel Bragado e Alberto Fortes.

Presentación en Pontevedra de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O xoves, 4 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, participarán Manuel Bragado e Manuel Rivas.

Presentación en Pontevedra de “Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos”

O luns, 1 de febreiro, ás 20:00 horas n’ A Casa das Campás, en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Mary Quintero. Retratista desde os 15 anos.

Mesa redonda-presentación do libro “A Galicia urbana” coord por Rubén C. Lois e Daniel Pino

O mércores, 27 de xaneiro de 2016, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal), en Pontevedra, terá lugar unha mesa redonda arredor do libro A Galicia urbana de Rubén C. Lois e Daniel Pino (coords.) No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais,  participarán Daniel Pino, Rubén C. Lois, Manuel Bragado e Xaime Toxo.