Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ateneo_eumés

Presentación en Pontedeume de “Unha nación no mundo” de Camilo Nogueira

O xoves 2 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010) de Camilo Nogueira. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Manuel Bragado e Camilo Nogueira.

Presentación en Pontedeume de Luns de Eli Ríos

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativaen lingua galega 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e a autora.

Presentación en Pontedeume de “A ira dos mansos” de Manuel Esteban

O mércores, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés e Xerais, participarán Manuel Esteban e Manuel Bragado.

Presentación de “A miña primeira Rosalía” en Pontedeume

O xoves, 6 de marzo ás 20:00 horas, o Ateneo Eumés, organiza o concerto-presentación do libro A miña primeira Rosalía de Xosé Lastra e Xiana Lastra. No acto participarán Xosé Lastra, Xiana Lastra e María Manuela.

Presentación de «Cadeas» en Pontedeume

O xoves, 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, nun acto organizado polo Ateneo Eumés. Xabier López López presentará a súa novela Cadeas, premio Xerais 2013.

Presentación de “As voces baixas” de Manuel Rivas no Ateneo Eumés

O xoves, 11 de abril, ás 20:00 horas, no Local de Maiores de Pontedeume, terá lugar a presentación de As voces baixas de Manuel Rivas nun acto organizado polo Ateneo Eumés e Xerais.

“Tonas de laranxa” no Ateneo Eumés

O xoves, 7 de marzo, ás 20:00 horas, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Miguéns participarán nun encontro cos lectores do Ateneo Eumés para falar da súa novela Tonas de laranxa (Premio Xerais de Novela, 2012). O acto terá lugar no Centro Municipal de Maiores de Pontedeume.