Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ateneo_pontevedra

Presentación en Pontevedra de “A arte de trobar” de Santiago Lopo

O mércores 20 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, Rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A arte de trobar de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017 No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Kiko da Silva, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Pontevedra

Hoxe, venres 6 de novembro, ás 20:00 horas presentarase nas instalacións do Café Moderno de Pontevedra Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro máis recente do profesor Xesús Alonso Montero. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e Xerais, acompañarán ao autor o catedrático de filosofía Ramón Regueira e o editor Manuel Bragado.

«Pirata», presentación en Pontevedra

O mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

“Monte Louro”, presentación en Pontevedra

Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.

«O natural é político», acto en Pontevedra

«O natural é político», acto en Pontevedra

O xoves, 2 de abril, ás 20:00 horas, na sala de conferencia s da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, terá lugar un diálogo arredor do libro O natural é político, entre a súa autora, Teresa Moure, e o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra.

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do volume memorialístico de Herminio Barreiro Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), publicado por Edicións Xerais de Galicia. No acto, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra, acompañarán ao autor, Manuel Bragado, Luís Cochón e Daniel Pino.