Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ateneo_santa_cecilia_marín

Presentación en Marín de “Dragal V. O segredo do dragón” de Elena Gallego Abad

O venres 4 de outubro de 2019 ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno 42, Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad. No acto participarán Fran Alonso e Elena Gallego Abad. Paco Pernas de Petanaporta Teatro fará unha performance. Organiza o acto o Ateneo Santa Cecilia en colaboración co Concello de Marín.

Conversa con Ledicia Costas en Marín

O venres 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno, 42 de Marín, Elena Gallego Abad conversará con Ledicia Costas sobre a súa obra.

Presentación en Marín de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O venres, 29 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres, avda. Ourense, 3, Marín, terá lugar a presentación da novela O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, participarán Susana Arizaga, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Charla coloquio arredor do libro “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón en Marín

O venres, 19 de maio, 2017, ás 20:00 horas, no Museo de Marín, terá lugar a charla coloquio arredor do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. O acto forma parte da programación de “Os venres do Ateneo” organizada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.

Presentación en Marín de “o espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 3 de febreiro, 2017, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol, 36, de Marín, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. O acto está organizado dentro do programa Os venres do Ateneo.

Presentación en Marín de “As horas roubadas” de María Solar

O venres, 11 de novembro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín, rúa Caracol, 36, en Marín, terá lugar a presentación do libro As horas roubadas de María Solar. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán a escritora Elena Gallego Abad, o actor Miguel Angel Blanco e  a autora María Solar.

Presentación en Marín de “Contos e lendas arraianos” de José Rodríguez Cruz

O mércores, 29 de xuño, ás 20:30 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa Caracol, 36, de Marín, terá lugar a presentación do libro Contos e lendas arraianos de José Rodríguez Cruz. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán Manuel Bragado e José Rodríguez Cruz.

Presentación de “Dragal IV. A estirpe do Dragón” de Elena Gallego Abad en Marín

O mércores, 27 de maio, ás 20:30 horas, no museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal IV. A estirpe do Dragón de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia e Xerais, participarán Héctor Silverio, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.