Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: atl

Presentación e Pontevedra de “Atl” de Manuel Lourenzo González

O xoves, 22 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos Sexto Edificio do Museo, rúa Padre Amoedo Carballo, 3 en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Atl de Manuel Lourenzo González, PREMIO BLANCO AMOR DE NOVELA, 2011. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra,  intervirán Manuel Figueiras, Manuel Bragado e o autor. Como peche, actuará o grupo de pandeireteiras Adonairare.

Extraordinaria ficción científica de calidade: «Alt», de Manuel Lourenzo. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou o pasado xoves nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Atl, a novela de Manuel Lourenzo, gañadora do Premio Blanco Amor 2011.

«Atl», de Manuel Lourenzo: a felicidade dos autómatas ou a coherencia dun universo literario. Crítica de Lorena Domínguez

Lorena Domínguez Mallo publicou en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre Atl, a novela de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Blanco Amor 2011.

A vocación dunha sociedade mellor: «Atl», de Manuel Lourenzo, unha novela de ciencia ficción. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Atl, a novela de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Blanco Amor 2011.

Manuel Lourenzo González fala sobre “Atl”

Manuel Lourenzo González fala sobre Atl, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2011, coincidindo coa súa presentación na Feira do Libro da Coruña o pasado 9 de agosto de 2012.

«O país adormentado», crónica da presentación na Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación na Feira do Libro da Coruña d’ O país adormentado, a novela de Xabier DoCampo. Reproducimos o texto: Resultou satisfactoria a experiencia de facer tres actos de presentación na Feira do Libro da Coruña nun mesmo serán.

«Atl» de Manuel Lourenzo González: «Distopías emerxidas»

Mario Regueira publica no número 8 da edición impresa de Sermos Galiza unha importante crítica sobre a Atl, a novela de Manuel Lourenzo gañadora do Premio Blanco Amor 2011. Reproducimos o texto completo: Sen dúbida chegará un día no que se analizará a puxanza que nos últimos anos tiveron as distopías futuristas na literatura galega e o protagonismo que os autores de primeira liña lles deron na súa produción.

“Atl”: “ciencia ficción de alta escola”

Xosé Carlos Caneiro publicou no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia do 21 de xullo este comentario sobre Atl de Manuel Lourenzo, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2011: Como estimulante é a última novela dun dos nosos escritores de maior prevalencia, calidade, disciplina artística e oficio: Manuel Lourenzo González. Gaña o Blanco Amor con Atl.

A distopía tornouse realidade

Baixo o título “A distopía tornouse realidade, a ficción científica como metáfora do control total”, a xornalista Montse Dopico publica en Praza unha reportaxe literaria sobre a ficción científica na literatura galega. Recomendamos o texto moi vivamente.

Presentación d´ “Atl” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 20:45 horas, presentarase a novela Atl de Manuel Lourenzo, gañadora do Premio Banco Amor de Novela. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participa na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos Xardíns Méndez Núñez do 1 ao 10 de agosto, co seguinte programa de presentacións e sinaturas: Día 1 mércores 20:00 h.

Presentación de «Atl», Premio Blanco Amor 2011, na Feira do Libro de Vigo

O mércores 4 de xullo, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Vigo, que se celebra na Praza de Compostela, presentarase Atl de Manuel Lourenzo (PREMIO BLANCO AMOR, 2011). No acto intervirán Manuel Bragado e o autor.