Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: atlántico

Biografía gorentosa: «Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada». Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou no Atlántico Diario e La Región unha recensión crítica do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Amparo Castaño: «A miña filla usaba a poesía como filtro para entenderse a si mesma e aos demais»

O Atlántico publicou unha entrevista de Ana Baena a Amparo Castaño sobre a súa filla Xela Arias.   Amparo Castaño: «A miña filla usaba a poesía para entenderse a si mesma» Amparo Castaño, nai de Xela Arias, recibe xunto aos seus, a homenaxe que se lle fai á filla no seu décimo cabodano.

Pedro Feijoo: «Non me gustan os heroes capaces de facelo todo, os meus personaxes teñen defectos». Entrevista de Ana Baena

O Atlántico publicou unha entrevista de Ana Baena a Pedro Feijoo sobre a súa novela A memoria da choiva.   «Non me gustan os heroes capaces de facelo todo, os meus personaxes teñen defectos» Pedro Feijoo (Vigo, 1975) anda inmerso en plena campaña de promoción de “A memoria da choiva”, a súa segunda novela. Despois do éxito da súa ópera prima, “Os fillos do mar”, a expectación é máxima.

Un «must» absoluto: «Historia da Literatura Galega I», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Un «must» absoluto: «Historia da Literatura Galega I», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou no Atlántico Diario unha recensión crítica de Historia da Literatura Galega I, de Xosé Ramón Pena. A recensión  pode lerse en pdf neste enlace.

Antonio García Tejeiro: «’Un rato díxolle á lúa’ ten poesía con música, con xogos, con rimas e onomatopeias»

O Atlántico publicou unha entrevista de Ana Baena a Antonio García Teijeiro  pola súa antoloxía poética Un rato díxolle á lúa, feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. «É unha honra que alguén como Paco Ibáñez cante en galego» Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), mestre e poeta, presentou onte a súa última publicación ‘Un rato díxolle á lúa’.

«De Xente Nova a Brais Pinto», de Xosé Fernández Ferreiro: o libro dos que tanto brillo espontáneo aportaron a unha época escura. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde, nos xornais Atlántico e La Región. O crítico Araguas refírese a el como «un libro moi sabedor», que vén cheo de datos e refírese á xeración de Brais Pinto como aquela xente que «tanto brillo espontáneo aportaran a unha época escura».

A escrita fértil, de variña máxica, onde as cousas acadan un plano moi alto, en «O máis estraño», de Manuel Rivas. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou o pasado 12 de agosto nos xornais Atlántico e La Región unha crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas baixo o título de «O Rivas que máis me presta»: Na recensión crítica pode lerse: «Como a súa escrita, tan fértil, realista de luvas, chisteira e variña máxica, onde as cousas de adiario, de decotío, acadan un plano moi alto». Pode lerse ou descargarse aquí en pdf.

Seguindo as pegadas de Luís Soto: Xurxo Martínez presentou o libro en Mondariz

Seguindo as pegadas de Luís Soto: Xurxo Martínez presentou o libro en Mondariz

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, en Mondariz.   Un libro recuerda el paso por Mondariz de Luis Soto, compañero de Castelao El Centro Social de Mondariz acogió la presentación del libro de Xurxo Martínez sobre Luis Soto, compañero de Castelao en el exilio, y que fue maestro en Mondariz.

Ánxel Vázquez de la Cruz, entrevista en «Atlántico»

Ánxel Vázquez de la Cruz, autor de Luz de Tebra é entrevistado por Atlántico. Tal como se sinala na entrevista, este seu primeiro libro de relatos será presentado o día 3 de agosto na Feira do Libro da Coruña (nun acto no que estará acompñado polo doutor Manuel Salorio e o escritor Manuel Rivas) e, máis tarde, nos meses de setembro e outubro, nas cidades de Tui, Vigo e Compostela.