Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: atlántico_diario

Pedro Feijóo: «Nesta historia hai que entrar sen saber nada». Entrevista no xornal Atlántico Diario sobre: «Un lume azul»

  O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena ao escritor Pedro Feijóo, sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Atlántico Diario).

María Reimóndez: «A novela describe o xeito de sociabilización que somete ás mulleres e tamén aos homes a uns patróns de xénero». Entrevista en «Atlántico Diario» sobre «As estacións do lobo»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena á escritora María Reimóndez sobre o libro: As estacións do lobo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Teño moita presión dos lectores e o corpo tamén me pide unha segunda parte deste libro». Entrevista nos xornais «La Región» e «Atlántico Diario» sobre: «Infamia»

Os xornais La Región e Atlántico Diario publicaron unha entrevista asinada por Ana Baena á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Un lume azul», a nova novela de Pedro Feijóo, chegará ás librarías o 21 de novembro. Noticia nos xornais «La Región» e «Atlántico Diario»

Os xornais Atlántico Diario e La Región publicaron unha noticia asinada por Ana Baena sobre a nova novela de Pedro Feijóo, Un lume azul, que publica Xerais na colección Narrativa e que chegará ás librarías a finais de novembro. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

Xosé Luís Méndez Ferrín: «Neste libro ten moita importancia a memoria, a presente, pero tamén a ancestral». Entrevista en «Atlántico Diario» sobre «Estirpe»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena a Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o libro: Estirpe. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os gañadores dos Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Gracias por volver colocar ao neno arlequinado no máis alto da pirámide: «O trapecista da malla de rombos», de Alberto Canal. Anotación de Xosé Manuel Piñeiro

Os xornais La Región e Atlántico Diario (6-abril-2019) publicaron unha columna de opinión asinada por Xosé Manuel Piñeiro sobre o libro: O trapecista da malla de rombos, de Alberto Canal. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda.

Anaír Rodríguez: «Con esta obra preténdese poñer o foco nestas mulleres, reivindicalas e espertar a curiosidade nos lectores». Entrevista no xornal «Atlántico Diario» sobre: «Pioneiras 2»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de A. Baena a Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro: Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño.  O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antonio Díaz Ageitos: «Os Heredeiros de hoxe non están tan tolos, pero son máis virtuosos» Entrevista no Atlántico Diario sobre: «Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao xornalista Antonio Díaz Ageitos sobre o libro: Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os Premios da Crítica recoñecen ao escritor galego, recentemente falecido, Xabier P. DoCampo, polo libro: «A nena do abrigo de astracán». Anotación nos medios

A Fundación dos Premios da Crítica de Galicia celebrou o día 3 de novembro de 2018 a súa reunión anual en Vigo para recoñecer aos principais protagonistas da vida cultural, política e social do país. Nesta ocasión, o premio na modalidade de Creación Literaria foi para o escritor galego, recentemente falecido, Xabier P.

Os Premios Xerais 2018, nos medios e na Rede

                O sábado 20 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2018. Á cita asistiron preto de duascentas persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras.