Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: atravesar o fantasma

«E se nós non somos nós, quen será nós», videopoema de Alberte Calo sobre un texto de «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

«E se nós non somos nós, quen será nós» é un videopoema de Alberte Calo sobre un texto do poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A música é de de Kai Engel.

«O desexo está na pantalla», videopoema de Alberte Calo sobre un texto de «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

«O desexo está na pantalla» é videopoema de Alberte Calo e Alba Romero sobre un texto do poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A música é de de Kai Engel e as actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre.     O desexo está na pantalla | Videopoema from Alberte Calo on Vimeo.

De Tánatos a Eros: «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Cabalos e lobos», «Escarlatina, a cociñeira defunta», «Atravesar o fantasma» e «O Miño. Un caudal de historia», libros máis vendidos en abril

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 9 librarías galegas. Cabalos e lobos, de Fran P.

A superficie dos lindes. Crítica de Inma Otero Varela sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

Inma Otero Varela publicou en Sermos Galiza unha recensión crítica sobre Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

«Funambulistas, «Atravesar o fantasma», «O Miño. Un caudal de historia» e «O veleno da risa», libros máis vendidos en marzo

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Funambulistas, de Mercedes Leobalde, é o libro máis vendido no  ámbito de Narrativa; Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, en Poesía; O Miño.

Carlos Callón: «Non hai forma de vivir sen feridas. Ou tes feridas, ou non tes vida». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.     Carlos Callón: «Non hai forma de vivir sen feridas. Ou tes feridas, ou non tes vida» Despois da perda, da dor, a vida continúa. Mais sen rexistrar a perda a vida, se cadra, non pode continuar. Diso fala Carlos Callón no seu primeiro libro de poemas, ‘Atravesar o fantasma’ (Xerais).

Carlos Callón: «Non hai eros sen tánatos, continuar vivo é continuar ferido». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o poemario Atravesar o fantasma, de Carlos Callón.   «Atravesar o fantasma» Encheuse onte o terceiro andar da Libraría Couceiro de Santiago no acto de presentación de Atravesar o fantasma, o primeiro libro de poemas de Carlos Callón.

Presentación de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón en Santiago

O xoves, 12 de marzo, ás 20:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Atravesar o fantasma de Carlos Callón coa participación de Fran Conde, Montse Dopico, Manuel Bragado e Carlos Callón.

Espir as experiencias. Reportaxe no Zigzag da TVG sobre «Atravesar o fantasma», de Carlos Callón

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe, entrevistando a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.

Carlos Callón: «O eros e o tánatos son esas dúas preguntas que aos seres humanos nos custa responder»

O xornal La Opinión da Coruña publicou unha entrevista de Enrique Carballo a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto, «Escarlatina, a cociñeira defunta» de Ledicia Costas, e «Atravesar o fantasma» de Carlos Callón, libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de febreiro a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas.