Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: aventura

Xerais publica un Catálogo de Lecturas Xuvenís

Xerais acaba de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que se está a distribuír por todas as bibliotecas, principais librarías e medios de comunicación. O catálogo está organizado temáticamente: aventura, ciencia ficción, fantasía, historia, medo, misterio, mocidade, policial, social, poesía, teatro e álbum. O catálogo tamén pode consultarse ou descargarse en pdf desde a web de Xerais.

A mellor esencia desas historias que te atan a un libro: a triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros. Recensión de Carlos Mosteiro

Carlos Mosteiro publicou na web de Barbantia unha recensión crítica sobre a triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros.   Ámote Leo A., de Rosa Aneiros Mergulleime sen pensalo dúas veces neste triloxía publicada en Xerais entre 2013 e 2014 co título xenérico de “Ámote Leo A.” (Destino xalundes, Estación de tránsito e Terminal…de chegadas?).

Rosa Aneiros: «Non podemos pintarlle á mocidade o futuro en negro»

Biosbardia publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Rosa Aneiros, sobre a súa triloxía Ámote Leo A.   Rosa Aneiros: «Non podemos pintarlle á mocidade o futuro en negro» Común noutros sistemas, a verdade é que poucas veces unha triloxía de literatura xuvenil escrita en galego consegue o éxito e a resposta lectora de Ámote Leo A.

Unha lectura moi acaída: «Terminal de…chegadas?», de Rosa Aneiros. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre  Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, o terceiro e derradeiro volume da triloxía Ámote Leo A.   Interese en aumento Sae agora o terceiro volume da serie Ámote Leo A. Temos que confesar que segundo fomos avanzando na lectura destas tres entregas, imos quedando máis enguedellados na viaxe de Leo.

Unha viaxe apaixonante: «Terminal de…chegadas?», de Rosa Aneiros, o derradeiro volume da triloxía Ámote Leo A. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, o terceiro e derradeiro volume da triloxía Ámote Leo A.   Ámote Leo A. Terminal de… chegadas? Acertei quen era o das pintadas!!! Gañei a aposta!!! Siiii. Pero foi o único que acertei. Estou a falar da terceira parte da triloxía que nos propuxo Rosa Aneiros hai uns meses: Ámote Leo A.

«Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros, un iceberg que se mete na pel dos lectores e lectoras

O xornal Galicia Hoxe publica unha información sobre a triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros, da que acaba de publicarse o terceiro e derradeiro volume: Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?.   Rosa Aneiros invita os novos lectores a “meterse na pel” da protagonista da súa triloxía «Ámote Leo A.

Novidade: «Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?», de Rosa Aneiros: O volume que completa a triloxía de Leo A. Regresará Leo algún día?

Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, é o terceiro volume da triloxía Ámote Leo A., o volume que pecha esta cativadora triloxía destinada ao público xuvenil. Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo.

Booktráiler da triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros, coas fotografías da campaña de Twitter

Hoxe publicamos un booktráiler feito por David Rodríguez sobre a triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros, que acaba de recibir hai unhas semanas o Premio Irmandade do Libro. A triloxía Ámote Leo A.

Premio Irmandade do Libro ao mellor libro infantil e xuvenil do ano para a potente triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros

O xurado do Premio Irmandade do Libro, que organiza a Federación de Libreiros de Galicia concedeulle o pasado sábado o galardón ao mellor libro infantil e xuvenil do ano á triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros no transcurso dunha cea celebrada na vila de Rianxo. A triloxía Ámote Leo A.

A viaxe como aprendizaxe: «Ámote Leo A. Estación de Tránsito», de Rosa Aneiros. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros, o segundo volume da triloxía Ámote Leo A.   Mellora a viaxe Nesta segunda entrega da serie, Leonor (Leo A.) continúa a súa viaxe de seis meses.

Unha moza coa que se identifica calquera adolescente: «Estación de Tránsito» de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación crítica sobre Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros, o segundo volume da triloxía Ámote Leo A.   Ámote Leo A. Estación de tránsito Anceios que tiñamos de ler a segunda entrega desta triloxía que Rosa Aneiros nos propón por medio da editorial Xerais: Ámote Leo A.

Novidade: «Ámote Leo A. Estación de Tánsito», de Rosa Aneiros: O segundo volume da triloxía de Leo A. Un camiño cheo de sorpresas

Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros, é o segundo volume da triloxía Ámote Leo A., unha cativadora entrega destinada ao público xuvenil. Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante.