Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: axente_riciños

El Hematocrítico: «Os contos tradicionais son unha fonte inesgotable de recursos»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor El Hematocrítico, sobre o seu álbum Axente riciños. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Proposta orixinal que desmonta tópicos: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Crítica de Paula Fernández

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Paula Fernández sobre o álbum Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha divertida reinterpretación: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum Axente riciños, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez.   Axente Riciños Publica Xerais a deliciosa tradución deste libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Axente Riciños é en realidade unha nena, a nena máis curiosa, destemida e lista do bosque… e o seus arredores.

La Voz de Galicia recomenda lecturas para o verán: «Axente riciños», «Poemas birollos para ler cos ollos» e «Europa Express»

O xornal La Voz de Galicia recomenda, nunha reportaxe de Ana Abelenda titulada Un verán ao sol dos mellores libros, tres libros de literatura infantil e xuvenil de Xerais entre as lecturas estivais: o álbum ilustrado Axente riciños, de El Hematocrítico; o libro de poesía infantil Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso; e a novela Europa Express, de Andrea Maceiras.   Axente Riciños El Hematocrítico.

Novidade: «Axente riciños», de El Hematocrítico. Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro

Axente riciños, de El Hematocrítico, é unha novidade de Xerais en Sopa de Libros. Está ilustrado por Alberto Vázquez e traducido por Anaír Rodriguez. Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno.

El Hematocrítico: «Compartín cos meus alumnos de Infantil o proceso de creación de Axente Riciños»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista con El Hematocrítico sobre o seu libro Axente riciños, ilustrado por Alberto Vázquez. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.