Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: begoña_paz

Presentación de “Dark butterfly” de Rexina Vega en Cambre

O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega. No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora. Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.

Begoña Paz: «Hai literatura que non ule». Entrevista de Paco Gallego

 Galicia Confidencial publica unha entrevista de Paco Gallego con Begoña Paz.   Begoña Paz: «Hai literatura que non ule» Narradora, poeta e co-guionista do primeiro filme porno rodado en galego, “O divino ferrete”, conversar con Begoña Paz significa percorrer os camiños da creación, inspiración, lingua, cómic, sexo erotismo.

Xerais no Culturgal, actos do sábado e domingo

Xerais no Culturgal, actos do sábado e domingo

Xerais está presente en Culturgal no estand nº 45.

«As mellores intencións»: unha boa novela curta

«As mellores intencións»: unha boa novela curta

«Unha boa novela curta», «boa noveliña, non só pola preocupación que pola técnica amosa a escritora, senón tamén pola meditación sobre o galego que emprega e as opcións que elixe», son algunhas das valoracións que Manuel Rodríguez Alonso realiza no Cartafol de Vieiros sobre As mellores intencións, a novela de Begoña Paz, premio concello de Riveira.

«As mellores intencións», crítica en « Culturas»

«As mellores intencións», crítica en « Culturas»

Ramón Nicolás publicou na edición do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado 11 de outubro unha crítica sobre a novela de Begoña Paz As mellores intencións. Reproducimos o texto.

«Libro galego do ano», comezan as votacións na rede

Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais: Festina lente de Marcos Calveiro (novela). Atracción total de Carmen Blanco (narrativa). As mellores intencións de Begoña Paz (novela). O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).

«As mellores intencións»: eficacia sen alardes

«As mellores intencións»: eficacia sen alardes

Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha gabanciosa crítica da novela de Begoña Paz As mellores intencións, gañadora do premio Centenario do concello de Riveira. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto: As mellores intencións é unha novela breve moi dura, cruel e tenra á vez.

“As mellores intencións”, nova crítica

“As mellores intencións”, nova crítica

Xosé Manuel Eyré publica unha moi gabanciosa crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz. Así mesmo, en Galicia hoxe publica unha entrevista coa autora. As mellores intencións será presentada na Feira do Libro da Coruña, o vindeiro luns día 4, ás 19:00 horas. Premer na imaxe para ler o texto.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto: 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza. 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor. 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas. 3 domingo, ás 20,30 h.

Begoña Paz, entrevista en “Prazadasletras.org”

Begoña Paz, entrevista en “Prazadasletras.org”

Prazadasletras.org ofrécenos unha ampla entrevista coa escritora Begoña Paz con motivo da publicación d’As mellores intencións.

“As mellores intencións” dun tirón

“As mellores intencións” dun tirón

O crítico Xosé Manuel Eyré confesa no seu blog que leu dun tirón As mellores intencións, a novela de Begoña Paz gañadora do premio Centenario do concello de Riveira. “De súpeto, atopeime lendo o capítulo 3, consciente de que a novela de Begoña Paz é desas que non deben pasar desapercibida. Que o formato breve encerra unha historia complexa, fonda, inversamente proporcional ao seu tamaño.

“As mellores intencións”, primeira crítica

“As mellores intencións”, primeira crítica

Montse Pena Presas publica en Faro da Cultura a primeira crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz.