Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: benvido_ao_outro_barrio_os_minimortos

Os Minimortos, unha nova serie de cuadrillas que viven no Outro Barrio: «Benvido ao Outro Barrio» e «Criando malvas», de Ledicia Costas e Mar Villar. Crítica no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre os libros: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos e Criando malvas. Os minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, publicados por Xerais na colección Sopa de Libros. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

David Rodríguez inaugura os encontros cos escolares do Faro da Escola co libro: «Superavoa». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Selina Otero sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugurou o escritor David Rodríguez para presentar o seu libro: Superavoa. Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

«Superavoa», de David Rodríguez, inaugura os encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre o comezo dos encontros online entre os autores e os colexios que participan no Faro da Escola, que desta volta inaugura o libro: Superavoa, de David Rodríguez. Nesta nova edición do programa Faro da Escola participan case 60 centros educativos.  Os escritores son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

Oito escritores participarán nunha nova edición do Faro da Escola para conversar co alumnado de 60 centros educativos. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe sobre os autores e autoras que participarán nunha nova edición do programa Faro da Escola para conversar co alumnado de case 60 centros educativos.  Os escritores desta nova edición son Ledicia Costas (A Señorita Bubble.

Actos de Xerais na “Muralla das Letras” en Lugo

A Deputación de Lugo organiza, con motivo da celebración dos vinte anos como Patrimonio da Humanidade da Muralla de Lugo, un interesante programa de actividades que terá lugar os días 11, 12 e 13 de decembro de 2020 no Centro Cultural O Vello Cárcere, Lugo e no que Xerais ten os seguintes actos: Venres 11 ás 18:30 horas: Ledicia Costas en conversa con Eva Mejuto. A autora de obras como Infamia, A señorita Bubble.

Programa de Xerais no Culturgal 2020

Os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2020 no que Xerais ten programadas as seguintes actividades: Sábado 28. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra 12:30 horas: A escritora Ledicia Costas conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre os seus libros máis recentes: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, Vampira de biblioteca e A Señorita Bubble. Baixo cero.

Unha nova serie de cuadrillas de nenos que agradará moito aos máis novos: «Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos», de Ledicia Costas e Mar Villar. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre o libro: Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha narración que arrastra ao lectorado coma unha seda por unha atmosfera terrorífica: «Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos», de Ledicia Costas e Mar Villar. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas e Mar Villar, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   Chegan Os Minimortos de Ledicia Costas   Se hai tres anos celebrabamos o Samaín coa publicación de Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín (Xerais 2017), o primeiro álbum de Ramón D.

Unha viaxe ao inframundo da man dun libriño para a rapazallada pequecha: «Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   Benvido ao Outro Barrio. Os minimortos, de Ledicia Costas   Volve Ledicia Costas a levarnos de viaxe ao inframundo, da man dos Minimortos, quen nos dan a benvida con ledicia e con algunha que outra trasnada.

Novidade: «Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos», de Ledicia Costas. Unha cuadrilla de nenos de ultratumba tentarán axudar ao cativo Catacrak a regresar ao mundo dos vivos

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Os Minimortos de Xerais. Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos.