Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: beramendi

«De provincia a nación», crítica en «Culturas»

«De provincia a nación», crítica en «Culturas»

Ramón Loureiro publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, dedicado aos mellores libros galegos do pasado ano, unha crítica do libro de Justo Beramendi De  provincia a nación. Historia do galeguismo político, Premio Nacional de Ensaio 2008.

Justo Beramendi, entrevistado na contraportada de «La Voz de Galicia»

Justo Beramendi, entrevistado na contraportada de «La Voz de Galicia»

Foto de Sandra Alonso, La Voz de Galicia Nacho Mirás Fole entrevista a Justo Beramendi na  súa Cara B, a contraportada de La Voz de Galicia, con motivo da obtención do Premio Nacional de Ensaio por De provincia a nación. Historia do galeguismo político.

Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica hoxe unha dobre páxina na que se recollen críticas de seis obras consideradas como «O mellor do 2008». Entre elas están catro publicadas pola editorial: O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación.

Beramendi e Fernández Paz entrevistados en «Faro de Vigo»

Beramendi e Fernández Paz entrevistados en «Faro de Vigo»

Estela, o suplemento dominical de Faro de Vigo, publica unha longa entrevista de cinco páxinas con Justo Beramendi e Agustín Fernández Paz, os recentes premios nacionais de ensaio e literatura infantil e xuvenil.

«Visibilidade da nación galega», artigo de X. L. Méndez Ferrín no «Faro de Vigo»

Recomendamos este artigo, onde X. L.

Justo Beramendi, entrevista no «Faro da Cultura»

Justo Beramendi, entrevista no «Faro da Cultura»

«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008

«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008

Justo Beramendi foi galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2008 polo seu libro De provincia a nación. Historia do Galeguismo Político, publicado por Xerais no pasado ano 2007. De Provincia a nación.

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

“De provincia a nación”, Premio da Crítica Galicia e Premio Losada Diéguez

De provincia a nación. Historia do galeguismo político de Justo Beramendi acaba de recibir un novo recoñecemento, neste caso o Premio da Crítica Galicia no apartado de investigación, outorgado pola Fundación Premios da Crítica. O xurado destacou a importancia desta obra polo “pormenorizado estudo da traxectoria do galeguismo político e a proxección e transcendencia da achega do autor”.

Fernández Paz e Justo Beramendi, Premios AELG 2007

Fernández Paz e Justo Beramendi, Premios AELG 2007

No seo da Cea das Letras, celebrada onte en Santiago, Agustín Fernández Paz e Justo Beramendi recibiron os Premios AELG 2007 correspondentes ás categorías de Libro infanto-xuvenil e Ensaio, respectivamente. Os premios foron concedidos tras as votacións realizadas por 367 membros da AELG e, no caso do premio infanto-xuvenil, tamén polos de GALIX.

Premios Irmandade do libro 2007

Premios Irmandade do libro 2007

Na noite do sábado, 12 de abril, foron fallados no Club Náutico de Sanxenxo os XVII Premios “Irmandade do libro” organizados pola Federación de Libreiros de Galicia. Xerais obtivo os dous premios outorgados a obras publicadas durante o pasado ano 2007: O señor Lugrís e a negra sombra de Luís Rei Núñez mereceu o premio ao “Libro do ano 2007” e De provincia a nación.