Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: best_sellers

«Ámote Leo A. Terminal de chegadas» en Xuvenil; «A viaxe de Gagarin», en Narrativa; e «dun lago escuro» en Poesía encabezan os libros máis vendidos en xuño

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de xuño de 2014 a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, en Xuvenil; A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, en Narrativa;  e dun lago escuro, de Marta Dacosta, en Poesía; encabezan os listados dos libros máis vendidos.

«A viaxe de Gagarin», en narrativa; «A illa de todas as illas» en Xuvenil; e «A alternativa está aquí» en ensaio encabezan os libros máis vendidos en maio

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de maio de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, en Narrativa; A illa de todas illas, de Xabier P. Docampo, en Xuvenil; e A alternativa está aquí de María Reimóndez, en Ensaio; encabezan os listados dos libros máis vendidos.

«A memoria da choiva», en narrativa; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos en abril

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de abril de 2014 a partir da información proporcionada por 13 librarías galegas. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, en Narrativa; Estación de Tránsito, de Rosa Aneiros; e A alternativa está aquí de María Reimóndez, en Ensaio; encabezan os listados dos libros máis vendidos.

«A memoria da choiva», en narrativa; «Penúltimas tendencias», en poesía; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de marzo de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas.

Reportaxe de Montse Dopico sobre os best-sellers en galego

A xornalista Montse Dopico publicou no «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre os best-sellers en galego. A reportaxe, titulada «No cumio das vendas», aborda a fórmula dos best-sellers galegos. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.